Noticias Ayuntamiento de Vigo 06-03-12


O Concello programa cursos gratuítos de avellentamento activo en toda a cidade

A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, presentou este martes os programas gratuitos de avellentamento activo -dirixidos a persoas maiores de 65 anos- que teñen lugar durante todo o ano nos centros cívicos municipais, asociacións ou centros de maiores. Sen límite de prazas, o Concello oferta cursos de musicoterapia, memoria activa, informática ou tai chi, entre outros, co obxectivo de “evitar chegar a ter que utilizar a lei de dependencia”, indicou Abelairas.

 


O Concello e Iberia cooperarán para impulsar Vigo como destino turístico e de congresos

Abel Caballero, como presidente da Fundación Vigo Convention Bureau (VCB), asinou con Iberia un acordo de colaboración polo que a compañía aérea comprométese a facilitar as mellores condicións económicas e de servizo ás axencias de viaxes e empresas adscritas ao ente de turismo local. Os descontos acadan ata o 45% nos billetes en clase turista de Iberia e o 50% na ponte aérea entre Madrid e Barcelona.

 


Danza vertical inaugura o ALT-12

A fachada de detrás do MARCO convertirase o mércores ,7 de marzo, nun escenario de danza vertical co que se inaugura o 11º Festival Alternativa das Artes Escénicas de Vigo. A actuación, que comezará ás 20 horas, estará a cargo da compañía Sacude que ofrecerá Falso Giro-2, un espectáculo aéreo de danza vertical que fusiona teatro, poesía, danza, acrobacia e audiovisual.

 

O Consello Municipal de Vigo convoca a manifestación do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Este ano o Consello Municipal da Muller de Vigo como símbolo da unidade do conxunto do movemento de mulleres nesta cidade convoca a manifestación o xoves día 8 de marzo baixo o lema: “Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo”, que sairá ás 20:00 h da Farola de Urzaíz e rematará na praza da Constitución.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: