O CETMAR COLABORA COA UNIVERSIDADE DE VIGO NUNHA CONFERENCIA NACIONALSOBRE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA OS RISCOS COSTEIROS

  •  O evento enmárcase no proxecto europeo ANCORIM no que participa a Fundación galega e cuxo obxectivo é reforzar as capacidades das autoridades das rexións atlánticas para enfrontarse aos riscos ambientais nas zonas costeiras, especialmente aos relacionados co efecto do cambio climático
  • Durante a xornada, que terá lugar o 15 de marzo no Campus Universitario de Vigo, amosaranse os principais resultados do proxecto e outras iniciativas galegas e españolas relacionadas coa xestión dos riscos costeiros

Vigo, 6 de marzo 2011.- O Centro Tecnolóxico do Mar está a colaborar coa Universidade de Vigo na organización dunha conferencia nacional sobre xestión de riscos costeiros que se enmarca no seo do proxecto europeo ANCORIM, no que a Fundación CETMAR participa xunto a socios galegos así como de Francia, Irlanda e Portugal. Durante a xornada, que terá lugar o 15 de marzo no edificio CITEXVI do Campus Universitario de Vigo, amosaranse os principais resultados do proxecto e outras iniciativas galegas e españolas relacionadas con esta materia. Liderado pola rexión de Aquitania, o proxecto ANCORIM (http://ancorim.aquitaine.fr) ten como obxectivo a mellora das capacidades de prevención e loita contra os riscos costeiros nas rexións atlánticas. Ademais do Centro Tecnolóxico do Mar e da Universidade de Vigo, a rexión de Galicia está representada nesta iniciativa pola Deputación da Coruña e conta tamén coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O proxecto, no que participan ademais socios procedentes de Francia, Irlanda e Portugal, céntrase en tres temáticas prioritarias: a erosión e mobilidade da liña de costa, a calidade das augas e o seu impacto nas actividades económicas costeiras e a ordenación do territorio litoral. A conferencia prevista para o vindeiro 15 de marzo ten como obxectivo amosar os resultados de ANCORIM e outras iniciativas galegas e españolas relacionadas coa xestión dos riscos costeiros. A xornada, que dará comezo ás nove da mañá, desenvolverase en tres sesións. A primeira estará adicada á presentación do proxecto e a segunda incluirá relatorios sobre os riscos costeiros en Galicia. Xa pola tarde, na terceira sesión da conferencia, exporanse experiencias no ámbito nacional e internacional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: