Noticias Ayuntamiento de Vigo 08-03-12
O Concello propón integrar na estación do AVE os autobuses interurbanos, con acceso directo desde a autoestrada |
O alcalde di que en igualdade «aínda nos quedan os pasos máis difíciles: salarios e participación social» |
Vigo acolle o acto central do Día Mundial do Ril adicado este ano á doación |
Un estudo analiza a situación das usuarias do Centro de Redución de Danos de drogas |
Os arquiveiros galegos felicitan ao goberno local pola xestión do Arquivo Pacheco |
«Malena llena eres de gracia» e «Materialinflamable» propostas do ALT para o venres |
Conferencia de escritora Rosa Regás |
Xunta de Goberno Local![]() |
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo![]() |
AREA FAI SEIS, finalista nos Mestre Mateo
Forma parte do proxecto de Educación para o Consumo ‘Dálle a volta’
Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras finalistas nos Mestre Mateo 2011. Se o ano pasado Editorial Galaxia era finalista polo proxecto Contoplanet, este ano, ‘Area fai seis’ é finalista na candidatura de Mellor Obra Interactiva.
‘Area fai seis’ é un conto, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María Noel Toledo, que naceu abeirado a un proxecto que a nosa editorial, e a mestra Ánxeles Abelleira, preparamos para o Instituto Galego de Consumo e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.
O proxecto consta de varios elementos entre os que destaca o conto interactivo que ademais de poderse ler na rede, permite que o lector e a lectora xoguen, interactúen coas distintas pantallas, poñan elementos en movemento, gocen do audio, etc.
O conto interactivo, desenvolvido tecnicamente pola empresa Moonbite, acompáñase dunha profunda proposta didáctica elaborada pola mestra Ánxeles Abelleira e que representa un material de primeira magnitude para educar nun consumo responsable.
Para a nosa editorial, este proxecto é un exemplo de literatura multisoporte, na liña do que xa fixemos, por exemplo, con ‘O soldadiño de chumbo’, que saiu ao tempo como película en DVD, álbum en papel e aplicación para iPad
BENESTAR FORMARÁ A PRETO DE 2.500 NOVOS COIDADORES NON PROFESIONAIS DE PERSOAS CON DEPENDENCIA EN 2012
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa o novo ‘Manual de formación para coidados de persoas con enfermidades crónicas’, que forma parte do programa ‘Xuntos nos coidados’
- Cando remate o ano, a Consellería terá impartido un total de 280 cursos desde 2010, o que supón a formación de preto de 7.000 persoas
- O departamento autonómico destinará máis de 150.000 euros en 2012 para o desenvolvemento deste programa
- Beatriz Mato lembrou que a súa finalidade básica é a mellora da calidade de vida das persoas con dependencia e dos seus coidadores, a través dunha correcta formación e orientación Leer más…
Valença Tui Eurocidade da Mulher
Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença
“Pretende-se reconhecer a importância do papel social da mulher como mãe, trabalhadora e cidadã ativa e participativa, para que exista uma autêntica igualdade de oportunidades em todos os âmbitos”.
A Eurocidade Valença Tui vai assinalar o Dia Internacional da Mulher, com uma jornada de acesso grátis à Piscina Municipal de Valença, para as mulheres, amanhã, 8 de Março.
As mulheres valencianas e tudenses terão, ainda, a oportunidade de assistir gratuitamente a uma aula de hidroginástica amanhã, 8 de Março, a partir das 19h50. Esta é uma oportunidade para beneficiarem gratuitamente deste equipamento e conhecerem a variada oferta desportiva ao dispor na Piscina Municipal de Valença
Durante o dia serão oferecidos às mulheres um pin comemorativo e evocativo do significado deste dia nas duas cidades.
Este ano o lema da campanha é “A igualdade Começa por nos”. Este é já o terceiro ano que as cidades de Valença e Tui comemoram, em conjunto, o Día Internacional da Mulher.
Trilho Pedestre da Carvoeira Os Vinhedos, as casas graníticas e os velhos moinhos
Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença
“Percorrer o Trilho da Carvoeira é uma oportunidade para descobrir paisagens, onde a natureza prodigiosa e o património rural secular proporcionam uma vivência única” A Câmara Municipal de Valença promove uma caminhada no Trilho Pedestre da Carvoeira, sábado, 10 de Julho. Este é o primeiro trilho do calendário anual da Rede de Trilhos da Eurocidade Valença Tui Leer más…
Pablo Junceda recibe el premio al Ejecutivo del Año en el Principado de Asturias
La revista ejecutivos ha entregado esta noche en Oviedo los premios con los que reconoce a los ejecutivos y empresarios más destacados de la actualidad económica asturiana.
(Oviedo, 06/03/2012).- Pablo Junceda, Director General de Banco Herrero y Subdirector General de Banco Sabadell, ha recogido esta noche en el Ayre Hotel Oviedo el premio al Ejecutivo del Año en Principado de Asturias con el que la revista ejecutivos reconoce su trabajo al frente de una de las mayores compañías de nuestro país. Leer más…
EGANET CON IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO, UNHA COLABORACIÓN NECESARIA PARA O FUTURO
Eganet asina un convenio de colaboración coa ONG para asesorar os seus proxectos e iniciativas no eido das TIC. O asesoramento tecnolóxico, a creación de iniciativas conxuntas e a divulgación das accións de Implicad@s entre as empresas socias serán os puntos principais desta colaboración.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.- A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a ONG galega Implicad@s no Desenvolvemento acaban de dar un paso importante para mellorar, grazas á tecnoloxía, a situación da cidadanía dos países en vías de desenvolvemento nos que a ONG realiza o seu labor e aumentar as competencias en materia de uso das TIC das persoas que realizan este traballo. Grazas ao convenio de colaboración asinado por Víctor López, presidente de Eganet, e María Raimóndez, presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento, ambas entidades colaborarán para optimizar os proxectos TIC presentados pola ONG, idear e organizar novas accións que, a través das TIC, incidan positivamente no eido da cooperación e a igualdade de xénero, e divulgar entre as empresas socias os diversos proxectos que manan da ONG, abrindo así a posibilidade de implicación particular nos mesmos.
Obxectivos comúns
Tanto Implicad@s como Eganet comparten unhas ideas e principios que facilitarán, sen dúbida, que esta colaboración sexa moi frutífera e que fará doado chegar a acordos e traballar baixo os mesmos parámeto Para empezar, traballamos dende Galicia e cunha vocación galega, apostando pola capacidade das empresas, entidades e persoas desta terra. Cremos tamén na implicación e coñecemento da cidadanía, na necesidade do empoderamento tecnolóxico como ferramenta para facilitar o seu día a día, tanto aquí como noutros países con menos oportunidades. A decisión de Implicad@s de elixir a Eganet como entidade colaboradora no seu labor no eido das TIC responde aos principios de responsabilidade social, igualdade e solidariedade que caracterizan á asociación.
Galaxia publica en edición dixital a obra de Casares
Un blog dedicado a Carlos Casares permanecerá activo ata fin de ano
Un libro de homenaxe e un especial da Revista Grial completan as accións previstas pola editora neste décimo aniversario do pasamento do escritor. Leer más…