AREA FAI SEIS, finalista nos Mestre Mateo

  Forma parte do proxecto de Educación para o Consumo ‘Dálle a volta’

Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras finalistas nos Mestre Mateo 2011. Se o ano pasado Editorial Galaxia era finalista polo proxecto Contoplanet, este ano, ‘Area fai seis’ é finalista na candidatura de Mellor Obra Interactiva.
‘Area fai seis’ é un conto, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María Noel Toledo, que naceu abeirado a un proxecto que a nosa editorial, e a mestra Ánxeles Abelleira, preparamos para o Instituto Galego de Consumo e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.
O proxecto consta de varios elementos entre os que destaca o conto interactivo que ademais de poderse ler na rede, permite que o lector e a lectora xoguen, interactúen coas distintas pantallas, poñan elementos en movemento, gocen do audio, etc.
O conto interactivo, desenvolvido tecnicamente pola empresa Moonbite, acompáñase dunha profunda proposta didáctica elaborada pola mestra Ánxeles Abelleira e que representa un material de primeira magnitude para educar nun consumo responsable.
Para a nosa editorial, este proxecto é un exemplo de literatura multisoporte, na liña do que xa fixemos, por exemplo, con ‘O soldadiño de chumbo’, que saiu ao tempo como película en DVD, álbum en papel e aplicación para iPad

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: