BENESTAR FORMARÁ A PRETO DE 2.500 NOVOS COIDADORES NON PROFESIONAIS DE PERSOAS CON DEPENDENCIA EN 2012

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa o novo ‘Manual de formación para coidados de persoas con enfermidades crónicas’, que forma parte do programa ‘Xuntos nos coidados’
  • Cando remate o ano, a Consellería terá impartido un total de 280 cursos desde 2010, o que supón a formación de preto de 7.000 persoas
  • O departamento autonómico destinará máis de 150.000 euros en 2012 para o desenvolvemento deste programa
  • Beatriz Mato lembrou que a súa finalidade básica é a mellora da calidade de vida das persoas con dependencia e dos seus coidadores, a través dunha correcta formación e orientación

 Santiago, 7 de marzo de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 115.000 euros no 2012 para ofrecer formación a preto de 2.500 novos coidadores non profesionais de persoas con dependencia, no marco do programa ‘Xuntos nos coidados’. Así o indicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que informou de que neste ano terán lugar 70 cursos básicos, que beneficiarán a 1.750 persoas; 7 accións formativas piloto dirixidas a coidadores de persoas con enfermidades crónicas, nas que participarán 175 alumnos; e 15 cursos destinados a coidadores de persoas con demencia, nos que se formarán 375 alumnos. Deste xeito, cando remate o ano a Consellería terá impartido un total de 280 cursos  desde 2010, o que supón a formación de preto de 7.000 persoas, tendo en conta que o ano pasado formouse a 3.000 coidadores a través de 117 cursos en 84 concellos, e desde 2010 participaron 4.200 persoas nestas actividades. Beatriz Mato presentou hoxe tamén en rolda de prensa o novo ‘Manual de formación para coidados de persoas con enfermidades crónicas’, que forma parte deste programa. Esta nova guía ofrece coñecementos útiles e prácticos para abordar o coidado de doenzas tan comúns como as enfermidades cardiovasculares ou os accidentes cerebrovasculares, cuxa cronificación xera situacións de discapacidade progresiva e limita a autonomía persoal. A conselleira indicou que esta nova ferramentacompleta e complementa a información contida nos tres volumes que publicamos con anterioridade e que están dispoñibles na páxina web da Consellería”: o manual xenérico de formación para coidados no contorno familiar; e dous manuais específicos: un centrado nos coidados a enfermos de Alzheimer e outras demencias, e outro nos coidados ás persoas con enfermidade mental; aos que hai que engadir unha guía complementaria para coidados no contorno familiar, que contén 25 fichas visuais para facilitar as pautas que deben seguir nas tarefas básicas de coidado. A titular de Benestar incidiu en que a finalidade básica do programa ‘Xuntos nos coidados’ é a mellora da calidade de vida das persoas con dependencia e dos seus coidadores, a través dunha correcta formación e orientación. Beatriz Mato destacou que os coidadores “teñen que enfrontarse a dificultades  e inquedanzas, que a miúdo fan perigar o seu propio benestar”, o que fai fundamental o descanso e autocoidado.

 Inserción laboral.

Ao mesmo tempo, o Programa ‘Xuntos nos coidados’ facilita unha futura inserción laboral aos coidadores, en caso de que eles así o desexen, co obxectivo de dar cumprimento a un obxectivo expreso da Lei de Dependencia, que establece a necesidade de ofrecer unha formación básica e permanente aos coidadores. Cómpre indicar que o 86% dos coidadores non profesionais son mulleres do ámbito familiar da persoa en situación de dependencia. Beatriz Mato lembrou que este eido constitúe “un crecente xacemento de emprego”, polo que a Consellería quere “recoñecer o seu labor, apoialos e certificar as súas habilidades en atención sociosanitaria, mediante accións formativas dirixidas especificamente a eles”. Dentro deste mesmo programa, e en colaboración coa Consellería de Sanidade, tamén está en funcionamento desde o pasado ano un apoio continuo de atención telefónica aos coidadores non profesionais a través do teléfono 902 400 116, así como un servizo de información específico en materia de dependencia no 012.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: