OS CAMPOS DE GOLF DO DESTINO RÍAS BAIXAS , ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A provincia de Pontevedra conta con 5 campos de golf situados en paraxes naturais incomparables

Os campos de golf das Rías Baixas sitúanse entre os mellores do mundo, segundo os xornalistas especializados de 33 países. A web Golfconfidencial.com destaca que Galicia foi elixida como un dos seis mellores destinos emerxentes de turismo de golf pola International Golf Travel Writers Association, a través dos votos de 159 xornalistas especializados.

A labor de promoción que a Deputación Provincial de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, está a realizar desde fai 8 anos ten contribuído de forma notable a posicionar os nosos campos de golf entre os mellores do ránking mundial.

A Administración Provincial organiza cada ano o Circuíto de Golf Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, cun percorrido polos 5 campos de golf cos que conta a provincia. Trátase dunha iniciativa que cada ano atrai a máis seguidores e no que a día de hoxe xa teñen participado 5.000 persoas.

Este ano terá lugar o IX Circuíto de Golf, co obxectivo posto en superar o éxito acadado ata o de agora, para o que se porán en marcha novas campañas de promoción e difusión.

Este tipo de actividades, unido ás características propias dos campos e ao entorno incomparable que ofrece Galicia e as Rías Baixas para a práctica deste deporte, están a contribuír de forma decisiva a consolidar a esta provincia como un referente. Neste sentido, Turismo Rías Baixas–Deputación de Pontevedra apostan por seguir traballando para que, un ano más, os campos de golf desta provincia, xunto cos do resto de Galicia, sigan escalando posicións como mellores destinos de turismo de golf.

Dos cinco campos de golf da provincia, 3 atópanse en zona costeira e os dous restantes en concellos do interior, pero todos situados en excepcionais paraxes naturais, o que permite aos que acoden a eles disfrutar non só do deporte, senón dun marco natural incomparable.

Destes campos, 3 son de 18 foxos (Campo de Golf de Meis, Golf Ría de Vigo de Domaio  e Golf Balneario de Mondariz) e 2 de 9 foxos, Real Aero Club de Vigo e Golf La Toja.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: