Acto do BNG a reforma laboral este venres en Tomiño.
O BNG organiza este venres día 16 ás 21:30h. unha charla-coloquio sobre a reforma laboral na Casa da Cultura de Tomiño na que intervirán a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG.
Dende a organización nacionalista afirman que as medidas adoptadas por Rajoy son “as que lle pedían os mercados e a patronal e é o momento para dicir NON a esta reforma antisocial e para presionarmos o goberno. É o momento da mobilización en defensa dos dereitos de traballadores e traballadoras e aí estará, como sempre estivo o BNG”.
Este acto no Baixo Miño enmárcase na campaña sobre a reforma laboral que o Bloque Nacionalista Galego está a levar a cabo por todo o país.