Noticias Ayuntamiento de Vigo 14-03-12


O alcalde avanza que as políticas de emprego municipais xerarán este ano 875 postos de traballo

O rexedor, representantes empresariais e sindicais asinaron esta mañá o convenio de Imos Traballar, cun investimento de 1.663.000 euros, que xerará 255 postos de traballo. A esta iniciativa súmanse as políticas keynesianas de emprego, que aportarán 500 empregos máis, ás que hai que engadir outras 120 procedentes de accións formativas remuneradas.

 


O alcalde destaca “a capacidade de Vigo para asumir proxectos de innovación” ante a Embaixada de EEUU

Abel Caballero aproveitou hoxe mércores a visita do conselleiro para asuntos económicos da Embaixada de Estados Unidos, Stephen Liston, para poñer en valor “a capacidade de innovación do territorio de Vigo, de asumir inversións e proxectos transnacionais”. Destacou a predisposición de cidade para desenvolver “proxectos de innovación e investimentos á hora de saír da crise”.

 


Caballero recibiu en visita institucional ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro co novo xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra no que se transmitiron a vontade mutua de cooperación. Durante a reunión institucional, Caballero deulle á benvida á cidade e desexoulle éxitos nas súas novas responsabilidades.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: