O Concello de Vigo abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

 

 

 

 

 

O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais esténdese desde o 15 de marzo ata o 13 de abril de 2012

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 2 de marzo as normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 para o próximo curso

Vigo, 14 de marzo de 2012.

 

– Estas escolas infantís son centros de titularidade municipal, xestinados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, e que promove o Servizo Municipal de Educación do Concello de Vigo. Neste intre, a Rede de EIM está integrada por seis equipamentos para o vindeiro curso 2012-2013. Estos equipamentos municipais pretenden ofrecer aos cidadáns un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente: educativa, entendida como unha prestación que nace do dereito do neno á educación nun ambiente axeitado ás súas necesidades, unha función que é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar. Teñen, por outra banda, unha vertente asistencial, xa que ao mesmo tempo pretende ofrecer un servizo de carácter social ás familias traballadoras do municipio, mediante horarios que permitan a correcta conciliación da vida familiar e laboral.Son obxectivos específicos da EIM:

proporcionar ás/os nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, nacionalidade, sexo, relixión, lingua ou condición social

fomentar a educación baseada nos principios e valores de tolerancia, solidariedade, igualdade, coeducación, cooperación e respecto aos demais e ao contorno

facilitar a integración progresiva dos/as nenos/as na súa cultura e no seu medio

prestar especial atención á diversidade dos/as nenos/as, respetanto as diferenzas físicas, intelectuais ou culturais que existen entre eles/as facilitando a súa integración

servir de reforzo e apoio ás familias traballadoras da cidade co fin de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar.Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes:

que a/o nena/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido no momento de presentar a solicitude

Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2012 .-As escolas teñen un horario contínuo de 07’30 h. ás 20’00 horas. E ao longo do mesmo, os nenos permanecerán un mínimo de 4 horas. e un máximo de 8 horas. Os interesados poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que poder ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM ou ser descargado na páxina web municipal: www.vigo.org Documentación que se achega  Impreso solicitude praza EIM 2012/2013 (Arquivo formato PDF).-Tríptico divulgativo EIM 2012/2013 (Arquivo fo rmato PDF)Normas e Baremo para adxudicación prazas EIM 2012-2013 (Arquivo formato PDF)Máis información en: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=33&lang=ga

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: