NCG e sindicatos deseñan un plan flexible que reduce gastos de persoal un 13%
Preacordo laboral con medidas non traumáticas e voluntariedade das partes
.- O plan permite maiores aforros de custos que unha formulación de despedimentos
14.03.2012.A dirección de NCG Banco e o 81,5% da representación sindical (CC.OO, CSICA e UXT) deseñaron un plan de flexibilidade laboral que permitirá á entidade un aforro do 13% anual (uns 60 millóns de euros) nos seus gastos de persoal. A operación foi consensuada tras mes e medio de intenso traballo en común entre as partes, co obxectivo de xerar o máximo aforro de custos laborais sen aplicar medidas traumáticas. NCG expuxera en xaneiro aos sindicatos unha necesidade de aforro en gastos de persoal de 50 millóns de euros anuais. Este preacordo deberá ser ratificado no período de consultas que se inicia formalmente mañá xoves.
EDUCACIÓN PREVÉ REMATAR A PRIMEIRA FASE DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO CEIP PINTOR LAXEIRO DE VIGO EN DOUS MESES
A actuación pasa por dúas liñas: a ampliación e reorganización do centro para dotalo dun novo comedor escolar con 450 m2; e a construción dun novo ximnasio que terá unha superficie de 345 metros cadrados.
- Nestes momentos está en marcha a construción do novo ximnasio, e durante o período non lectivo de verán comezará a reforma do actual comedor e aula de ximnasia co fin de ampliar dito comedor para poder atender a 250 nenos e nenas.
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá os traballos, que estarán completamente rematados no mes de setembro co fin de poder iniciar o novo curso escolar coas instalacións completamente remozadas. Leer más…
RÉCORD DE EXPORTACIONES DE GALICIA EN 2011
Galicia ha exportado por valor de 17.532 millones de euros en el año 2011, el valor más alto jamás alcanzado por el comercio exterior gallego en su historia. Este datosupone un incremento del 17,6% respecto a 2010 cuando las exportaciones gallegas habían sido de 14.912 millones.En el informe Galicia frente a la crisis, elaborado por Torres y Carrera, Consultores de Comunicación, se puede comprobar sin embargo que esta mejoría en el comercio exterior no es suficiente para frenar la destrucción de empleo en Galicia. Afinales de 2011, según los datos del Instituto Galego deEstatística,trabajaban en Galicia 956.525 personas, un 3,2% menos que en el mismo mes delaño anterior cuando estaban de alta 987.713 trabajadores. http://www.torresycarrera.com/blog/puestobase/?p=3341
ARREDOR DE 500 EMPRESAS GALEGAS CONTARON XA CO APOIO DA REDE PEXGA PARA INICIAR OU CONSOLIDAR A SÚ PRESENZA EXTERIOR
As plataformas operativas desenvolveron preto de 1.800 accións encamiñadas a reforzar a presenza internacional do tecido empresarial, desde agosto de 2011
No traballo desta Rede, desenvolta pola Xunta en colaboración coa CEG, destaca o interese das empresas galegas por países como Colombia, México, Brasil ou Francia
– A estratexia de apoio á internacionalización empresarial desenvolta pola Consellería de Economía e Industria reflíctese no incremento das exportacións galegas, que medraron un 17,6% en 2011
Meninos Carentes en acústico no Xancarajazz
A Asociación Minho Reggae organiza este venres, 16 de marzo, unconcerto da banda viguesa Meninos Carentes no Xancarajazz, a partirda media noite. O custe da entrada será de tres euros. Leer más…
O ISSGA ESTÁ A ELABORAR UN ESTUDO DA SINISTRALIDADE LABORAL EN PROFESIÓNS FEMINIZADAS QUE ESTARÁ REMATADO NO SEGUNDO
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe no ciclo de charlas ‘Muller e emprego’ que está a organizar o Concello de Ortigueira
- Estanse a analizar os sectores laborais con peso feminino para establecer as diferenzas respecto á sinistralidade nos homes
- A Consellería de Traballo e Benestar leva a cabo, ademais, no ámbito do sector feminino, un programa de protección das traballadoras embarazadas, unha campaña de vixilancia da saúde para traballadoras autónomas e estudos epidemiolóxicos en redeiras e mariscadoras
- En Galicia, no período comprendido entre xaneiro e febreiro de 2012 os accidentes laborais en mulleres baixaron nun 15,4 por cento con respecto a 2011
- Na provincia da Coruña, o descenso neste mesmo período foi do 14,1 por cento
Ortigueira (A Coruña), 14 de marzo de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), está a elaborar un estudo novidoso para coñecer as incidencias específicas da sinistralidade laboral nas profesións feminizadas, que estará rematado no segundo semestre deste ano. Leer más…
O CETMAR PARTICIPA NA ELABORACIÓN DUNHA GUÍA EUROPEA MULTILINGÜE DE CAPACIDADES, COMPETENCIAS E OCUPACIÓNS
O centro aportará información en materia de agricultura, pesca e silvicultura a esta nova ferramenta, denominada ESCo, que estará operativa en 25 idiomas
Vigo, 15 de marzo de 2012.- Expertos do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR están a participar na elaboración dunha guía europea multilingüe de capacidades, competencias e ocupacións. Trátase dunha iniciativa da Comisión Europea dirixida a institucións e actores do mercado laboral e do sector educativo que ofrecerá unha detallada descrición de miles de perfís profesionais en 25 idiomas. Leer más…
MÁIS DE 100 DE MOZOS E MOZAS GALEGOS PARTICIPARÁN NA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA DE MOBILIDADE ‘XUVENTUDE NO MUNDO’
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe unha delegación de mozos e mozas da Prefectura de Wakayama (Xapón), de entre 17 e 20 anos, que visitan Galicia para participar nun intercambio no marco deste programa de mobilidade xuvenil
- A titular de Benestar indicou que neste 2012 está previsto que máis de 2.300 mozos e mozas galegos participen nos distintos programas de mobilidade que xestiona o departamento autonómico Leer más…
Círculo de Empresarios de Galicia felicita a Núñez Feijóo por promover las fusiones de municipios
Vigo, 14 de marzo de 2012.- El presidente del Círculo de Empresarios de Galicia, Marcelino Otero, ha trasladado al presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, su felicitación y el máximo apoyo a la decisión del gobierno autonómico de fomentar las fusiones de municipios y de reservar un papel esencial a las diputaciones provinciales en estos procesos. Leer más…
XORNADA TÉCNICA DO IGAPE SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN E INCENTIVOS Á INNOVACIÓN DAS PEMES
Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 21 DE MARZO, a partir das 18 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra – CEP. Avda. García Barbón, 104 – VIGO. Neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012. Para asistir á Xornada Técnica inscripción na CEP:
http://www.cep.es/comunicacion/hoja_inscripcion.doc
Teléfonos de contacto: 986 439 611 ou 902 300 903