BRAVO BOSCH ENTREGA OS DIPLOMAS A 30 ALUMNOS E ALUMNAS QUE RECIBIRON FORMACIÓN NO ÁMBITO DA HOSTALERÍA NO CENTRO CULTURAL DE VALADARES

  •   Os alumnos e alumnas realizaron cursos de axudante de cociña e de camareiro de restaurante-bar ao abeiro do II Plan Galego de Inclusión Social que leva a cabo a Consellería de Traballo e Benestar.
  • Foi unha formación de 250 horas, realizada entre o 1 de setembro e o 11 de novembro de 2011, que se impartiu nas instalacións do Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares.

 Vigo, 15 de marzo de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, entregou esta tarde os diplomas a 30 alumnos e alumnas que durante 250 horas recibiron formación en hostalería nas instalacións do Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares. Ao abeiro do II Plan Galego de Inclusión Social, a entidade de Valadares contou cunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para levar a cabo programas que contribuíran a fomentar a inclusión social. Neste caso, optaron por cursos de axudante de cociña e de camareiro de restaurante-bar, onde se formaron 15 alumnos en cada un deles. Se levaron a cabo entre o 1 de setembro e o 11 de novembro de 2011 e hoxe, tras a súa formación, os alumnos e alumnas recibiron os seus diplomas acreditativos. A delegada territorial recoñeceu a actividade desenvolvida en Valadares e a participación activa da entidade neste tipo de programas que contribúen a fomentar a inclusión e a integración no mercado laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Ademais, felicitou aos alumnos e alumnas que aportaron a súa experiencia vital e recibiron unha formación orientada a mellorar a súa cualificación socioprofesional co obxetivo de facilitarlles o exercicio dunha profesión. De feito, considerou especialmente que os cursos levados a cabo teñen unha gran aplicación práctica no sector turístico e da hostalería.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: