Noticias Ayuntamiento de Vigo 15-03-2012


O goberno local denunciará os convenios “lesivos” para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe xoves este anuncio tras facerse pública unha nova sentenza de 600.000 euros á que terá que facer fronte o Concello por unha decisión de 1994. Caballero argumentou que estas “catástrofes” deixan unha hipoteca de case 25 millóns de euros e avogou porque aqueles que tomaron decisións “lesivas” para a cidade asuman a súa responsabilidade.


Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes

Un informe de Intervención do Concello de Vigo revela que non hai débedas recoñecidas de pago a día de hoxe, polo que non é preciso facer axuste algún segundo indica o Real Decreto 7/2012 de 9 de marzo. Así o explicou esta mañá en rolda de prensa o rexedor, xusto o día que remata o prazo para a presentación da certificación de obrigas pendentes de pago no Ministerio de Facenda.

 


O Concello ofrecerá información e asesoramento legal aos afectados polas preferentes

O alcalde anunciou este xoves que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) prestará asistencia aos afectados polas chamadas preferentes de todas as entidades financeiras que operan en Galicia, produtos que causaron un “drama social”. Abel Caballero adiantou que contactará cos grupos políticos municipais para consensuar unha moción plenaria de apoio aos usuarios.

 


A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano

Os usuarios do Centro de emprego municipal, constituído para centralizar todas as actividades de orientación laboral e titoría de microempresas, recibiu no que vai de ano 600 peticións, o que supón case o 40% das que se recibiron nos servizos municipais en todo o ano pasado.

 


Caballero salienta a “importancia” da información nas institucións públicas e privadas

O alcalde indicou este xoves na sesión de apertura das II Xornadas Técnicas Conxuntas de Auditoría que a laboura destes profesionais, tanto para o ámbito público como para o privado, “é especialmente importante en época de crise porque a tendencia á opacidade multiplícase”. Pese a que Vigo non ten débedas, Caballero recordou que hoxe remata o prazo para que os municipios remitan ao Goberno de España as facturas pendentes sen pagar, saíndo á luz impagos das administracións.

 


Exposición “O traxe a través do proceso do pan”

Este xoves 15 de marzo, ás 19,00h, terá lugar na casa Galega da Cultura a inauguración da exposición “O traxe a través do proceso do pan”, dentro das actividades da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, organizada pola Asociación Veciñal e Cultural “Casco Vello”, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. A exposición, comisariada por Patricia González, poderá visitarse entre o 16 de marzo e o 8 de abril.

 


Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán

A concelleira de Igualdade Chus Lago presenta á escritora Mª Xosé Queizán, que intervirá co relatorio “Feminismo ou barbarie. O difícil ascenso para acadar a humanización” o venres día 16, ás 20 h no Centro Social NovaGaliciaBanco (rúa Policarpo Sanz,26. Esta actividade forma parte da programación mensual da Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller. Queizán participará tamén no almorzo litetario do sábado, 17 de marzo ás 10.30 horas no Centro de Documentación é Recursos Feministas.

 


Educación abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local en sesión do 02 de marzo de 2012, aprobou as Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2012/2013.O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais comenza o 15 de marzo ata o 13 de abril de 2012.

 


Caballero felicitou a cinco deportistas de Vigo polo seu magnífico papel nos Campionatos de España de judo e taekwondo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes da cidade, Manel Fernández, felicitaron hoxe no Concello aos medallistas vigueses dos Campionatos de España absolutos de judo (Pamplona) e taekwondo (Alacante), celebrados recentemente.

 

O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares

A Concellería de Normalización lingüística organiza no Centro Cultural de Valadares un obradoiro de regueifas que comezará pasadas as dez da mañá. O obxectivo é promover o uso da lingua galega entre a mocidade.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 


Peche provisional da Biblioteca Central os días 17 e 19 de marzo

Por motivo das labores de desratización, desinfección e desinsectación a realizar nas instalacións da Biblioteca Central o día 16 de marzo, estas permanecerán pechadas aos usuarios/as os días 17 e 19 de marzo. O martes 20 de marzo xa funcionará con normalidade.

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: