O Concello acorda conceder a Medalla de Ouro da Cidade ao Museo de Quiñones de León.

 

 

 Tras a celebración dunha Xunta de Voceiros, o alcalde informou do acordo adoptado pola unanimidade dos tres grupos políticos para conceder a Medalla de Ouro da Cidade ao Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”, que este ano celebra o seu 75 aniversario. Os Vigueses Distinguidos serán a Escola Rosalía de Castro, Paulino Freire, o Padre Carlos, Bertila Fernández, Enrique Landesa, Asociación Alborada e o equipo da Universidade de Vigo impulsor do Xatcobeo.

Vigo, 15 de marzo de 2012.

 

 

 

– Segundo indicou Abel Caballero, os voceiros do PP, PSOE e BNG no Concello de Vigo presentaron e validaron na mañá deste xoves estas propostas como

Medalla de Ouro e Vigueses Distinguidos para este ano.

 

 

ALBORADA.-

 

Acción cidadá de loita contra a droga. En 1982, a Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga, en Vigo, comenzou a súa andaina no eido da labor preventiva, asistencial e de incorporación social no campo das drogodependencias, co a apertura da Comunidade Terapéutica Alborada, en Tomiño. Rápidamente sumáronse a Unidad Asistencial de Drogodependencias e o Centro de Día. No año 2000 a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través do Servicio de Menores, solicitou de ACLAD ALBORADA, a posta en funcionamento dun Centro de Día de Atención ó Menor, adicado aos comportamentos disociais e ao consumo de drogas. Sería imposible reunir nunhas líneas todo o trabllo realizado durante estos 20 anos , o esfuerzo de ACLAD Alborada para mellorar a calidade de vida dos pacientes, das súas familias e da sociedade en xeral, a colaboración e o apoio recibido das institucions públicas e privadas, o volumen de pacientes atendidos o crecemento exponencial dos indicadores asistenciais, a mellora e ampliación de súas instalacións, as dificultades de diversa índole que afrontaron, os logros acadados e as satisfaccións recibidas fundamentalmente pola recuperación dos pacientes, e tamén, evidentemente, as decepcións e impotencia experimentadas ante os graves efectos negativos derivados do consumo de drogas e da enfermidade física e mental.

DA. BERTILA FERNÁNDEZ PÉREZ.-

 

Tataraneta dun participante na defensa da cidade na invasión francesa. Secretaria do AMPA MORAIRA do CEPI Celso Emilio Ferreiro. En 2002 incorporouse como vocal na FOAMPAS da que foi presidenta, e representante no Consello Escolar Municipal. É unha firme defensora do ensino público de calidade para garantir a formación integral en igualdade de condicións. Conseguíu a asistencia domiciliaria en Galicia e a posta en marcha da Comisión de comedores e leva realizado un esforzo desisteresado máis de 20 anos de convivencia e diálogo entre pais, nais e docentes e entre a Administracións e a Comunidade Escolar.

D. ENRIQUE LANDESA MACÍAS (Nomeamento a título póstumo).-

 

Nado no Barrio de Teis, traballou como soldador no Asteleiro de Barreiras e iniciou a súa importante traxectoria no movemento veciñal no Barrio de Coia, concretamente, no movemento veciñal do barrio do Cristo da Victoria. Foi un activo defensor do parque da Bouza durante moitos anos, e desenvolveu un activo traballo cultural como presidente do Centro Cultural Recreativo Artístico Rueiro. Estivo ademáis relacionado coa actividade deportiva a través do Club Veteranos de Samil, chegando a Subcampión de España de Campo a Través, e impulsando deste xeito o deporte no barrio.

ESCOLA ROSALÍA CASTRO.-

 

Fundada no ano 1955 por Antía Cal, tratou de instaurar unha escola interdisciplinaria marcando o valor do traballo en equpo e reafirmando a lingua galega, ó tempo que estableceu unha segunda lingua, o inglés. Dende o comenzo a escola deu unha especial importancia á educación moderna, ao estudo do inglés coa incorporación de profesores nativos, e a relación co British Council. Nos anos 80 continúa a evolución da escola cun enorme crecemento de alumnos baixo a dirección de Antía Cal ata a súa xubilación en 1984. No comezo dos 90 mellóranse as estruturas da escola, e se implanta o C.O.U. co que se completa o ciclo de atención educativa. Actualmente, continúa nunha renovación constante que mantén a esta escola na vangarda educativa a través dun traballo permanente no eido deportivo, intelectural e dos idiomas. A escola cumpre 50 anos cun activo de 765 alumnos, o centro aposta pola escola como fábrica de pensamentos, onde a razón e a tolerancia son as bases da aprendizaxe. Para acadar estes obxectivos, Rosalía de Castro fomenta a comunicación e participación de estudantes, profesores e pais na comunidade educativa.

PADRE CARLOS OLIVARES MOZO.-

 

Nado en Valladolid e, ordenado sacerdote en Vigo xa a unha idede madura. Dende 1982 adica a súa vida ás persoas con déficit sensoriais, e funda a súa Asociación de Persoas Xordas de Vigo, convocando en 1986 o primeiro curso de linguaxe de signos para persoal sanitario. É fundador da Misión del Silencio como institución relixiosa, adicada dende 1987 a estas persoas. Asemade nos anos 80 abre na Casa de Urzáiz 39 un centro de acollida para as persoas sen recursos alimentado a diario un importante número de xente e en 2002 abre o Centro Juan Pablo II na R/Marqués de Valterra, adicado ás persoas sen teito.

PAULINO FREIRE GESTOSO .-

 

Nado en Bouzas o 28 de agosto de 1934 e estudia Enxeñería Industrial en Madrid. É pai de catro fillos. Membro da familia Freire, de gran arraigo en Bouzas. É un dos nove fillos de Paulino freire Vostas. O seu avó crea no ano 1895: Construccións. Navales Paulino Freire. Son tamén os cradores no ano 1948 da fábrica de máquinas de coser REFREY, con gran repercusión en miles de fogares españoles. Maís de 30 anos presidendo como Cofrade maior, os famosos Fogos de Bouzas, que tanta propagrada deron a Vigo e a Bouzas, por todos os rincóns de España e do mundo. Funadador da Orde dos Cabaleiros das Cuchas e impulsor da RUTA MARÍTIMA O CABALEIRO DAS CUNCHAS, a edición pasada coa consecución, por primeira vez na historia xacobea da compostela naútica.

 

XATCOBO UNIVERSIDADE DE VIGO .-

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tres enxeñeiros da Universidade de Vigo, Javier Comesaña, Alberto González y Alfredo Giménez, baixo a coordinación de Fernando Aguado, construíron na Universidade de Vigo o primeiro satélite galego actualmente en funcionamento con éxito, e que contribuiu poderosamente a situar á Universidade de Vigo como referente internacional no ámbito desta tecnoloxía. Deste xeito a Axencia Espacial Europea recoñeceu este potencial elixindo Vigo para albergar unha das estacións de seguemento da rede mundial GENSO, integrada por 200 universidades e centros tecnolóxicos. Estes xóvenes investigadores conseguiron co seu traballo desde hai dous anos un posto de excepción para a Universidade de Vigo poñendo a nosa cidade na vangarda do mundo da scomunicacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: