Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-03-12


Vigo terá uns orzamentos “austeros” volcados en emprego e política social, “o que precisa a cidade”

Os orzamentos de Vigo serán “austeros e estarán volcados no emprego”, dixo o rexedor de Vigo logo de que o documento fora aprobado pola Xunta local de Goberno. Nun prazo que calculou en dous meses, a cidade contará con novas contas que aumentan o 98% e 10,7 por cento as partidas de emprego e políticas sociais, a pesares de diminuír o orzamento de gasto en case catro puntos respecto a 2011.

 


Urbanismo aproba a expropiación para a apertura dun vial entre Ferrería a Abeleira Menéndez

O alcalde de Vigo informou hoxe venres do acordo adoptado pola Xerencia municipal de Urbanismo sobre a aprobación definitiva do proxecto expropiatorio para demoler un inmoble en mal estado, co obxecto de abrir un novo vial que conecte entre a Ferrería e Abeleira Menéndez. Por outra banda, Caballero recordou que, durante o 2012, o Concello xa concedeu 241 licenzas de obra e actividade.

 



Recepción aos novos funcionarios

O goberno local achega 291.000 euros aos colexios de Infantil e Primaria para mantemento

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local deste venres, o alcalde anunciou a concesión de 291.000 euros para as tarefas de mantemento e conservación dos centros educativos de Infantil e Primaria, unha autoxestión demandada polos propios colexios. Por outra banda, Abel Caballero recibiu esta mañá aos 25 novos funcionarios que incorporáronse aos seus postos de traballo.

 


Cine infantil no Verbum con motivo do día Internacional das Mulleres

Durante o mes de marzo, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo organizan varias actividades co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Ciclo de cine infantil que continúa o domingo 18 de marzo no Verbum coa proxección do filme filme ” Nicki a aprendiz de bruxa”. A proxección comezarán ás 17,30 horas , con entrada é gratuita e libre ata completar o aforo do local.

 

Avellentamento Activo-Talleres para persoas maiores

 

Aprázase a actividade de “Escalada e Multiaventura”

A Concellería de Xuventude comunica que por empeoramento das condicións metereolóxicas trasládase a celebración da actividade do 17 ao 24 de marzo na praza da Independencia.

 

“CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2011/2012”

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 2 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as Bases e a Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á súa actividade deportiva da tempada 2011/2012 (BOP 15 de marzo de 2012), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2012 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 “Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 600.000,00 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: