O Centro tecnoloxico do mar colabora coa fundación Oesa njun ciclo de talleres sobre a divulgación da ciencia no século XXI

  •  A iniciativa, que terá lugar o 24 de abril na sede da Fundación CETMAR, pretende dotar de ferramentas de divulgación do coñecemento científico a investigadores e axentes da I+D+i
  • O ciclo impartirase en Galicia, Andalucía e Cataluña e arranca o 27 de marzo no Porto de Santa María en Cádiz

 Vigo, 18 de marzo de 2012.- O Centro Tecnolóxico do Mar colaborará coa Fundación Observatorio Español de Acuicultura (OESA) na impartición dun ciclo de talleres gratuítos sobre a divulgación da ciencia no século XXI que se desenvolverán en Galicia, Andalucía e Cataluña. Esta iniciativa arrancará o vindeiro 27 de marzo en El Puerto de Santa María (Cádiz) no marco do proxecto ACUIRED, a Rede Nacional de Comunicación e Divulgación Científica en Acuicultura, cofinanciada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Os talleres de carácter gratuíto pretenden dotar de ferramentas e estratexias de divulgación do coñecemento científico a investigadores e axentes da I+D+i co obxectivo de que sexan capaces de difundir os resultados dos seus proxectos de investigación á sociedade e a os medios de comunicación de forma eficaz e accesible.-Para elo, contarán con especialistas de recoñecido prestixio no ámbito da comunicación e divulgación científica que complementarán os aspectos teóricos con exercicios prácticos. Entre as diversas temáticas, os asistentes coñecerán as claves dun bo divulgador científico e cómo difundir os seus proxectos de investigación tanto en medios de comunicación, como en redes sociais e outras ferramentas da web 2.0, así como aquelas técnicas que permitirán adaptar a información científica a unha linguaxe próxima en base aos destinatarios. No caso de Galicia, a iniciativa desenvolverase o 24 de abril co apoio do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, cuxa sede acollerá os relatorios. En Cataluña terá lugar en maio coa colaboración da Xarxa de Referència de Recerca Xarxa d’R+D+i en Aqüicultura da Generalitat de Catalunya (XRAq). En Andalucía, a Fundación OESA conta coa colaboración da Fundación Centro Tecnológico de Acuicultura de Andalucía (Ctaqua) para impartir os talleres en El Puerto de Santa María (Cádiz) o vindeiro mes de marzo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: