ANA PASTOR MANTERÁ O VENRES NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA UNHA XUNTANZA DE TRABALLO CON LOUZÁN, DEPUTADOS E ALCALDES PARA ANALIZAR AS NECESIDADES DA PROVINCIA

 Plantexarálle melloras de conectividade coa Meseta e, en particular, o mantemento e posible ampliación das frecuencias e das rutas aéreas do aeroporto de Peinador A Ministra de Fomento, Ana Pastor, manterá o vindeiro venres unha xuntanza de traballo co presidente, Rafael Louzán, varios deputados da Deputación de Pontevedra e alcaldes da provincia, no Pazo Provincial, e posteriormente desprazaráse ó Concello de Pontevedra onde se encontrará cos representantes municipais. Na Deputación Provincial, Ana Pastor, que estará acompañada polo Director Xeral de Estradas, asinará no libro de honra e manterá unha xuntanza de traballo na que Louzán lle exporá distintas necesidades da provincia en canto a infraestruturas da competencia do seu Ministerio.

Conectividade e Peinador

Entre elas, destacan, entre outros, temas de Portos, de mellora da conectividade coas vías de alta capacidade e, sobre todo, a conexión coa Meseta particularmente no relativo á necesidade de que Fomento xestione o mantemento e a posible ampliación das frecuencias aéreas e das rutas do aeroporto de Peinador pois, en caso contrario, languidecerá o aeroporto provincial. Louzán, que hoxe reuniuse en Madrid con Ana Pastor, xa tén elaborado un documento que entregará á Ministra o vindeiro venres na súa primeira visita oficial á Deputación de Pontevedra e á propia cidade de Pontevedra.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: