Noticias Ayuntamimneto de Vigo 20-03-12


O Concello prantará gallos do olivo como futuros agasallos institucionais

Cen gallos do olivo centenario do Paseo de Alfonso serán prantados en invernadeiros para que nun futuro “os descendentes desta árbore formen parte da vida institucional da cidade”. Así o avanzou o rexedor logo dunha presenciar os traballos de poda que os técnicos recomendan facer para que este símbolo da cidade “viva a lo menos outros cen anos”.

 


Vigo acollerá os actos de peche da Rede Europea de Orquestras Folk

O alcalde, Abel Caballero, presentou este martes o I Festival ENFO, que terá lugar do 5 ao 7 de abril en Vigo, cidade que lidera esta Rede Europea e na que estarán presentes centris de prestixio procedentes de Finlandia, Italia e Escocia. Para Caballero, a implicación da e-Trad e da Fundación Sondeseu neste proxecto, que naceu hai dous anos, significaba a “crónica dun éxito anunciado” e invitou á cidadanía a participar nos actos programados.

 


O capitán do Real Club Celta de Vigo redactará e leerá o Bando da Reconquista

O alcalde avanzou este martes que o vigués Borja Oubiña, capitán do Real Club Celta de Vigo, será o encargado do redactar e dar lectura ao Bando da Reconquista deste ano. Caballero salientou que é unha persoa “representativa” da cidade, que chegou á internacionalidade desde o deporte de base vigués e hoxe está de novo no equipo celeste tras superar “unha lesión moi complexa cunha gran forza de vontade”

 

O Concello acolleu unha xornada para PEMES coa presenza de grandes multinacionais

Segundo explicou Abel Caballero, o Auditorio municipal de Vigo acolleu este martes a xornada “Impulsando PEMES”, na que 21 grandes compañías españolas e internacionais trasladaron en breves ponencias ás pequenas e medianas empresas viguesas a súa experiencia na implantación da entidade. Entre as asistentes figuran ONO, Microsoft, Iberia, HP ou Sanitas, entre outras.

 


O Concello activa dúas campañas de tráfico no rural para controlar o estacionamento e a velocidade

O alcalde comentou hoxe martes que desde comezos de mes están en marcha dúas campañas de tráfico no rural para controlar a velocidade e os estacionamentos sobre as beirarrúas, en ambos casos a petición dos propios veciños. No primeiro caso, o Concello xa efectuou 3.277 controis cun resultado dun centenar de denuncias.

 


O alcalde recibe ao director da Orquestra Vigo 430

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro co responsable da Orquestra Vigo 430, Javier Escobar, quen lle presentou ao rexedor o avance dos proxectos e concertos previstos para este ano.

 

O alcalde ve un dano “significativo” no colector de augas residuais que provocou o verquido de Bouzas

Un accidente nas obras do Paseo de Bouzas acometidas polo Ministerio de Medio Ambiente provocou un dano “significativo” na condución que leva as augas residuais dunha parte da cidade á depuradora. O incidente rexistrouse en torno ás 13,00 horas de onte, luns, ao final do Paseo Paz Andrade e, segundo explicou o rexedor o frío impediu o secado da fisura polo que a reparación non será realidade ata primeiras horas desta tarde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: