PORTOS DE GALICIA APELA ÁS SINERXIAS ENTRE AADMINISTRACIÓN, O SECTOR TURÍSTICO E O DEPORTIVO PARA A XERACIÓN DE NEGOCIO

O presidente do ente público, José Juan Durán, presidiu a mesa de traballo do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 en Vigo

 

  • O organismo portuario está a elaborar unha folla de ruta para o sector náutico recreativo galego, que recibe cada ano 15.000 barcos visitantes

 Santiago, 20 de marzo de 2012.-  Portos de Galicia aposta por actualizar o modelo de relación entre a Administración portuaria e os sectores turístico e deportivo, como fórmula para a xeración de negocio a partir dos portos deportivos de titularidade autonómica. Así o puxo de manifesto o presidente do ente público, José Juan Durán, que presidiu hoxe unha nova mesa de traballo do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, celebrada nesta ocasión na provincia de Pontevedra e concretamente en Vigo. A xuntanza, centrada no ámbito da proxección económica das instalacións náutico recreativas e o seu potencial turístico e deportivo, puxo de manifesto a vontade da Xunta de Galicia de impulsar as sinerxias entre as tres bandas implicadas. Trátase dun prantexamento baseado na planificación horizontal da xestión dos portos deportivos, de modo que a definición dos modelos que deben seguir na súa actividade diaria optimice o factor turístico e de impulso ao deporte, intrínseco a estas instalacións. Xunto co presidente de Portos participaron na mesa de traballo, tamén, representantes da Secretaría Xeral para o Deporte, da Federación Galega de Municipios e Provincias, representantes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do INEGA, así como directivos das asociacións náuticas ASNAUGA e Marinas de Galicia. Así mesmo, a mesa contou coa participación, nesta ocasión, de representantes do colectivo de clubes náuticos da Comunidade Valenciana e do selo de garantía Q de Calidade, que fixeron fincapé na excelencia turística das marinas galegas. Durán reiterou ante os participantes da mesa o obxectivo do Plan Estratéxico, que pasa por optimizar a distribución dos recursos destinados á náutica recreativa. “Esta administración cre firmemente no potencial da náutica recreativa como factor de xeración de riqueza e emprego, un aspecto de vital importancia nun momento de crise como o actual”, explicou. Finalmente engadiu que “dende os diferentes sectores implicados temos que traballar de xeito conxunto e sumar esforzos para obter o maior rendemento ás nosas instalacións náuticas, que cada ano reciben arredor de 15.000 barcos visitantes, o que supón unha incuestionable oportunidade de negocio que non podemos desaproveitar”. Pola súa banda, o equipo redactor do documento incidiu tamén na proxección económica do sector náutico galego. Así, os técnicos coincidiron en situar a Galicia á cabeza de Europa en potencial para o turismo náutico. Non en van, engadiron que as 15.000 embarcacións deportivas que chegan anualmente a Galicia traen viaxeiros que pasan entre dous e tres días na nosa comunidade. Esta cifra é a máis alta de España, despois de Baleares e sitúa a Galicia na primeira magnitude europea, polo que o plan servirá como folla de ruta para materializar esta proxección, a través dunha oferta que se sitúe tamén na primeira liña internacional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: