XUNTA FORMARÁ EN VIGO A 90 MOZOS MENORES DE 30 ANOS EN AUTOMOCIÓN QUE ACCEDERÁN A UN POSTO LABORAL A TRAVÉS DO PLAN FORCON

  •   A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaron hoxe o Centro Integrado de Formación Profesional de Coia, onde terán lugar os seis cursos de formación en fabricación mecánica e montaxe de maquinaria industrial
  • A titular do departamento autonómico destacou que as empresas que ofrezan un traballo aos mozos e mozas contarán cun incentivo de 2.500 euros á contratación temporal, que podería aumentar noutros 2.500 euros se transforman o contrato en indefinido
  • Nas instalacións de Coia, dependentes da Consellería, formaranse este ano un total de 541 alumnos, dos que 495 serán beneficiarios de cursos de formación para persoas desempregadas
  • Mato resaltou que os preto de 500 alumnos poderán acadar un certificado de profesionalidade de validez estatal que mellorará os seus currículums e a súa empregabilidade

 Vigo, 20 de marzo de 2012.- A Xunta formará en Vigo a un total de 90 mozos e mozas menores de 30 anos e con baixa cualificación en automoción e, unha vez rematados os cursos, estes alumnos poderán acceder a un contrato laboral. Así o anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nunha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional de Coia, onde terán lugar as accións formativas. Ao acto tamén acudiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

A titular de Traballo explicou que esta iniciativa forma parte do programa Forcon, unha iniciativa pioneira do Goberno galego dirixido especificamente á formación e á contratación de mozos e mozas desempregados. As empresas que ofrezan un traballo contarán cun incentivo público de 2.500 euros á contratación temporal, que podería aumentar noutros 2.500 se deciden transformar o contrato en indefinido.

A conselleira apuntou que o plan Forcon, xurdido dos acordos do Diálogo Social en Galicia, porá en marcha en toda Galicia 20 accións formativas das que seis celebraranse en Coia. Desta forma, as instalacións de Vigo, que dependen da Consellería de Traballo, acollerán cursos de fabricación mecánica e montaxe de maquinaria industrial.

“Para a fase de contratación, o centro está a levar a cabo convenios con empresas punteiras do sector da automoción, un dos sectores estratéxicos da nosa economía”, incidiu Mato.

Neste plan investiranse en toda Galicia 1,4 millóns de euros a formación, unha cantidade que se irá incrementando posteriormente cos incentivos á contratación que a Xunta outorgará na fase de acceso ao mercado laboral.  A duración mínima dos contratos terán que ser de 6 meses. A conselleira sinalou que se prevé que 300 mozos e mozas desempregadas da Comunidade autónoma podan acceder a estes contratos.

“Este programa demostra o noso compromiso coa formación de calidade para o emprego, e de forma especial coa mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos”, apuntou.

Cursos para desempregados

Ademais destes 90 alumnos, o Centro Integrado de Formación Profesional de Coia acollerá a formación de 451 persoas máis. Así, en total este ano, nestas instalacións formaranse 541 alumnos en fabricación mecánica, electricidade, informática, enerxías renovables ou instalación e mantemento industrial, dos que 495 participarán en 25 cursos de formación para persoas desempregadas. O resto de alumnos farán un ciclo de Formación Profesional.

Con respecto ás preto de 500 persoas que realizarán en Coia accións formativas para desempregados, a conselleira de Traballo indicou que todos eles non só verán incrementadas as súas habilidades, senón que tamén conseguirán un certificado de profesionalidade de validez estatal, que, segundo indicou, “mellorará os seus currículums e a súa empregabilidade”. Nestes cursos de formación para desempregados investiranse 900.000 euros.

Estes alumnos sumaranse aos máis de 30.000 galegos e galegas que xa recibiron formación certificable no que vai transcorrido de lexislatura, dos que preto de 20.000 recibiron o certificado de profesionalidade completo.

Mato expuxo, ademais, que en toda Galicia, tanto en formación certificable como non, os cursos para persoas desempregadas sumarán este ano máis de 1.100, que beneficiarán a 23.000 alumnos. Para elo, o departamento autonómico destinará máis de 55 millóns de euros, un 3 por cento máis que en 2011.

Por último, a conselleira explicou que no Centro de Coia, ademais da formación, está previsto que este ano máis de 900 usuarios acudan aos servizos de información profesional, orientación laboral e acreditación de competencias

En definitiva, Mato concluíu asegurando que as actividades programadas este ano para as instalacións de Coia demostran “a aposta da Xunta por unha formación de calidade, destinada á mellora da empregabilidade e vinculada ás necesidades reais do mercado laboral”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: