GALICIA E PORTUGAL ACORDAN TRABALLAR CONXUNTAMENTE NA REALIZACIÓN DE ACCIÓNS TRANSFRONTEIRIZAS NO EIDO DEPORTIVO

  • O secretario de Estado para o Deporte do Goberno de Portugal, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Director do GNP-AECT, mantiveron unha xornada de traballo na cidade de Vigo
  • Estudaranse accións deportivas comúns que repercutan no patrimonio deportivo de Portugal e de Galicia

 Vigo, 21 de marzo de 2012.- O secretario de Estado para o Deporte portugués, Alexandre Mestre, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal (GNP-AECT), Juan Lirón, mantiveron na tarde de hoxe unha reunión de traballo na sede do GNP-AECT na cidade de Vigo, co fin de estudar accións e programas comúns de carácter deportivo.Segundo Lete Lasa, “trátase de aproveitar a veciñanza xeográfica e as afinidades entre Galicia e o Norte de Portugal, tamén no eido deportivo. Somos conscientes de que, tamén no deporte, a proximidade entre as rexións transfronteirizas poden dar magníficos resultados”, afirmou o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, quen mostrou a total sintonía do seu departamento cos proxectos de cooperación territorial por supoñer, destacou, unha ferramenta máis para o crecemento do deporte galego, obxectivo compartido co GNP-AECT que considera esta área como un dos seus eixos estratéxicos. Os asistentes á reunión abordaron a posible realización conxunta de programas en ámbitos como a xestión compartida de recursos ou a identificación de actuacións transfronteirizas, todo isto co obxectivo último de potenciar o deporte galego e portugués.A reunión viu precedida pola mantida polo Secretario de Estado para o Deporte portugués e Lete Lasa, tamén na cidade olívica, co Eixo Atlántico, asociación transfronteiriza de municipios galegos e do norte de Portugal que desenvolve unha destacada actividade deportiva.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: