Noticias Ayuntamiento de Vigo 21-03-12


O alcalde asegura que os proxectos da Zona Franca en Vigo “van a bo ritmo”

Abel Caballero recibiu hoxe mércores á delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, unha reunión na que constataron que “os proxectos da Zona Franca que teñen que ver con Vigo van a bo ritmo”, singularmente citou a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico, o Polígono de Matamá-Valadares e a conexión da área industrial de Balsa coa VG-20.

 


Concello e Xunta acordan renovar os estatutos do Consorcio do Casco Vello mantendo a unanimidade nas decisións

O alcalde informou da celebración do Pleno do Consorcio no que acordouse modificar os seus estatutos por unanimidade, outorgando á Presidencia á Xunta de Galicia -María José Bravo Bosch- e a vicepresidencia ao Concello de Vigo -Santiago Domínguez- e mantendo a necesidade de adoptar as decisións por unanimidade. Caballero eloxiou o acordo polo “notable” traballo realizado pola entidade na recuperación do Casco Vello.

 


Caballero trasladou ao embaixador alemán que a proposta española de tax lease é “correcta e legal”

O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao embaixador de Alemaña no país, Reinhard Silberberg, ante quen defendeu a proposta de España para o sistema de bonificación fiscal para a contratación de buques, o chamado tax lease. Caballero tamén explicoulle o potencial vigués en industria e economía, en particular o relativo ao I+D+i.

 


O alcalde anima ás amas de casa de Agarimo a converterse en “prescriptoras” da educación vial

Abel Caballero puxo en valor esta mañá a importancia da educación vial durante a inauguración dun curso que sobre este tema impartiu hoxe mércores a Policía Local de Vigo na sede da asociación Agarimo. O rexedor, acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, animou aos membros deste colectivo de amas de casa a converterse en “prescriptores da educación vial”.

 


A selección española de balonmano feminino se prepara en Vigo para o torneo IV Naciones de Portugal

Abel Caballero recibiu hoxe mércores á selección española de balonmano feminino que prepara en Vigo estes días nas Travesas o Torneo IV Naciones, organizado por Portugal do 23 ao 25 de marzo de 2012, e a fase de clasificación para o Campionato del Mundo de 2012, que se celebrará en Hungría. Durante a recepción “desexoulles éxitos” ao tempo que avogou porque o equipo de Vigo, Seis do Nadal, ascenda para que, xunto co Pilotes Posada, “teñamos na cidade dous equipos na primeira categoría”.

 


O rexedor ofrece ao Náutico toda “a cooperación para manter un edificio da máxima importancia arquitectónica”

Abel Caballero anunciou hoxe mércores a intención do Goberno municipal de “cooperar co Real Club Náutico para manter un edificio, -catalogado como protección estrutural-, da máxima importancia arquitectónica”. Así o explicou logo de aclarar que os responsables da entidade propoñen un peche temporal para repoñer a cúpula e reparar danos.

 


Comeza o ciclo “Historia das mulleres en Galicia”

No marco das actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo 2009/2012, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza un ciclo de charlas sobre “A Historia das mulleres en Galicia”, obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade.

 


Este xoves, o auditorio municipal proxectará o documental ” El camino de los sentidos” como parte do proxecto Discamino de Santiago 2012

O Auditorio Municipal acolle o xoves, día 22, ás 21.00 horas a presentación do proxecto DISCAMINO de Santiago. Trátase dunha viaxe á ilusión desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela, 800 km en triciclo e cadeira de rodas cun xove xordocego e un neno con parálise cerebral. Proxectarase tamén o documental “El camino de los Sentidos”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: