O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo celebra o seu vixésimo oitavo aniversario

I     O edificio emblemático de Novacaixagalicia na cidade olívica foi inaugurado o 22 de marzo de 1984  

 21.03.2012. O arquitecto Antonio Palacios deseñou en 1913 o edificio situado na rúa García Barbón que na actualidade acolle as actividades programadas por Novacaixagalicia. Na década dos anos setenta do pasado século, tomouse a decisión de rehabilitar o inmoble e conducir os seus usos cara a eventos de tipo social e cultural, o cal buscaba incidir no propósito da entidade de crear novos espazos que facilitasen o contacto entre público e cultura. A rehabilitación do edificio dirixiuna o arquitecto Desiderio Pernas Martínez, que procurou xunguir estrutura e uso, en resposta á vocación de servizo ideada para o centro. O propósito perseguido pola entidade consistía en presentar á sociedade un espazo multidisciplinar en que tivesen cabida as máis variadas actuacións e eventos, de xeito que a conversión da estrutura arquitectónica en espazo sociocultural implicou a creación de diferentes áreas dedicadas a usos concretos. Así pois, a biblioteca, a sala de conferencias, as catro salas de seminarios, a sala de exposicións, a recuperación do teatro á italiana e o auditorio da fachada posterior do inmoble redundan na súa vocación multifuncional.A rehabilitación de edificios emblemáticos para destinalos a usos culturais era nos anos setenta do século xx pouco común. O proxecto pensado para o de García Barbón naceu sendo, por tanto, unha idea innovadora, cuxo fin era dotar a Vigo dun espazo que puidese acoller unha programación cultural estable e constante. Vinte e oito anos despois, a media de actos realizados no Centro Cultural Novacaixagalicia é de catro por día.O compromiso adquirido coa cultura desde o intre da inauguración do inmoble, o 22 de marzo de 1984, atinxiu de forma especial a todas aquelas iniciativas e espectáculos de produción galega. Deste xeito, institucións tan relevantes para Galicia como o Centro Galego de Arte Dramática, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia estiveron presentes nos escenarios do centro cultural desde o momento da súa creación. Ademais, a variada oferta artística incluíu numerosos acontecementos recoñecidos tanto a nivel estatal coma internacional e que foron posibles grazas a unha constante colaboración coas principais entidades artísticas do panorama actual. A presenza de Montserrat Caballé, Josep Carreras, Peter Zimmermann, Els Joglars, o Teatro de la Abadía, Les Luthiers, Paco de Lucía ou Michael Nyman certifican a relevancia deste espazo no eido cultural galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: