ROSA QUINTANA PRESIDE A REUNIÓN DE COORDINACIÓN DAS AUTORIDADES PORTUARIAS CO FIN SUMAR SINERXIAS PARA IMPULSAR A SÚA COMPETITIVIDADE

Ferrol, 21 de marzo de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, encabezou hoxe a reunión de coordinación das Autoridades Portuarias, centrada na cooperación entre as entidades co fin de impulsar a súa competitividade. Ao encontro asistiron os presidentes dos cinco portos de titularidade estatal – Ferrol San Cibrao, Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo- e o presidente do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán. A sede da Autoridade Portuaria de Ferrol acolleu o encontro no que se abordaron, entre outros asuntos, a necesidade de potenciar o plan de portos deportivos e náutica recreativa de Galicia para aumentar o turismo dirixido ao sector náutico. Ademais, analizáronse os balances do exercicio 2011, con resultados positivos para as cinco entidades portuarias, que ben se mantiveron ou incluso melloraron con respecto ao 2010. Durante a xuntanza tamén se tratou o Plan de Medidas de Aforro Enerxético de Portos de Galicia, para aproveitar dinámicas de traballo a aplicar tamén nos portos de carácter estatal, co fin de sumar sinerxias e traballar na mesma dirección. O encontro estivo presidido pola conselleira e asistiron o presidente do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán, o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol  San Cibrao, Ángel del Real; o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada; a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco; o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez; e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: