Noticias Ayuntamiento de Vigo 22-03-12


O Concello activa unha unidade policial específica para prevenir infraccións urbanísticas

O alcalde, xunto aos edís de Urbanismo e Seguridade, presentou este xoves a nova unidade urbanística da Policía Local, coa que o goberno local pretende prevenir e perseguir infraccións urbanísticas na cidade, cumplimentando a laboura que xa veñen realizando os inspectores de Urbanismo. Os nove axentes recibirán formación específica e iniciarán a súa actividade dentro dun mes.

 


O Concello de Vigo e aqualia conciencian aos rapaces sobre o consumo responsable da auga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, con motivo do Día Mundial da Auga, entregou os premios do concurso anual de aqualia de debuxo infantil e recordou que é preciso “tomar medidas” para garantir o abastecemento . No marco desta celebración, aqualia colabora en dous importantes proxectos solidarios de Acción Contra el Hambre e a Fundación Theodora.

 

Goberno municipal e Náutico acordan acometer no edificio do club deportivo medidas de seguridade urxentes antes dunha semana

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou esta mañá que o informe municipal sobre o derrubamento do Náutico insta a acometer nun prazo aproximadu dunha semana medidas de seguridade urxentes que pasan por concluir os traballos de limpeza, executar un sistema provisional de cuberta e colocar unha barandilla de xeito transitorio.

 


Os espazos da Alcaldía acollen o realismo e luminosidade de Luis Romero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e distintos integrantes da Corporación Municipal participaron este xoves na apertura dunha nova edición de Mostrarte, a iniciativa que promove exposicións artísticas periódicas nas dependencias da Alcaldía. Nesta ocasión é Luis Romero quen achega ao Concello de Vigo o seu perfeccionismo, a profundidade e a beleza da súa obra.

 


Conferencia da escritora Carmen Riera

A concelleira de Igualdade Chus Lago presenta á escritora Carmen Riera que intervirá co relatorio “Romperemos algún día o teito de cristal?” o venres 23 de marzo ás 20 h no Centro Social NovaGaliciaBanco. Esta actividade forma parte da programación mensual da Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller. Riera participará tamén no almorzo litetario do sábado, 24 ás 10.30 horas no Centro de Documentación é Recursos Feministas.

 


Inauguración da exposición colectiva “Radiador. Nova figuración en Galicia”

“Radiador” é o título da exposición que se pode visitar na Fundación Laxeiro do 23 de marzo ó 24 de maio e que amosa unha selección de obras de sete creadores contemporáneos galegos.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: