SOUTOMAIOR ACOLLE ESTE SÁBADO O ACTO DE NOMEAMENTO OFICIAL COMO XARDÍN DE EXCELENCIA INTERNACIONAL, ÚNICO EN ESPAÑA

 Todos os países integrantes da Sociedade Internacional da Camelia apoiaron de forma unánime o seu recoñecemento

  • Convértese así nun centro de referencia mundial para a promoción, conservación e difusión da camelia

O Castelo de Soutomaior recibirá este sábado o nomeamento oficial dos seus xardíns como Xardíns de Excelencia Internacional, único en España, nun acto ao que está previsto que asista o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán; e a presidenta da Sociedade Internacional da Camelia, Patricia Shors; así como a deputada Begoña Estévez; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, entre outras personalidades.

O parque botánico de Soutomaior é o primeiro de España en obter este prestixioso recoñecemento, que lle foi concedido o 8 de febreiro na localidade China de Chuxion co voto favorable dos 26 países que integran a Sociedade Internacional da Camelia.

Deste xeito, os xardíns de Soutomaior, dependentes da Deputación Provincial de Pontevedra, convértense nun centro de referencia a nivel mundial para a promoción, estudo, conservación e difusión da camelia.

Só outros 9 xardíns en toda Europa teñen recibido este recoñecemento, dos cales 4 están no Reino Unido, 2 en Alemaña, 1 en Italia, 1 en Francia e 1 en Suiza. No resto do mundo atópanse outros 19 xardíns de excelencia, distribuídos entre China, Xapón, Nova Zelanda, Estados Unidos, Australia e Sudáfrica.

420 exemplares de camelia

Para obter este recoñecemento, que se concede a aqueles parques botánicos que destacan pola calidade e cantidade de especies e variedades do xénero camelia, Soutomaior tivo que demostrar que cumpre cos 9 requisitos que a Sociedade Internacional da Camelia esixe para poder ser declarado xardín de excelencia, entre os que se atopan o de estar aberto ao público regularmente; ser de entrada libre ou con taxas fixadas –no caso de Soutomaior a entrada aos xardíns e gratuíta-; ter rexistradas todas as camelias e a súa localización no xardín; ter identificadas con etiquetas as camelias; ofrecer información aos visitantes e, sobre todo, posuír un mínimo de 200 cultivares e especies de camelia.

De feito, na actualidade Soutomaior ten unha colección de máis de 420 exemplares de camelia de 25 especies.

Ademais, puxo sobre a mesa valores engadidos que foron tidos en conta polos membros do xurado, como o feito de que os xardíns posúen unha colección de camelias históricas do século XIX, que comparten espazo con outras 200 especies botánicas diferentes, así como o empeño da Deputación por manter e preservar este xardín; o traballo da estación Fitopatolóxica do Areeiro a prol da investigación sobre cultivo, pragas e enfermidades desta planta; e as iniciativas que se desenvolven nos propios xardíns para a difusión desta especie, como son a exposición da camelia que o Castelo de Soutomaior acolle no mes de marzo e que se poderá visitar tamén este sábado 

·       Convértese así nun centro de referencia mundial para a promoción, conservación e difusión da camelia

O Castelo de Soutomaior recibirá este sábado o nomeamento oficial dos seus xardíns como Xardíns de Excelencia Internacional, único en España, nun acto ao que está previsto que asista o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán; e a presidenta da Sociedade Internacional da Camelia, Patricia Shors; así como a deputada Begoña Estévez; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, entre outras personalidades.

O parque botánico de Soutomaior é o primeiro de España en obter este prestixioso recoñecemento, que lle foi concedido o 8 de febreiro na localidade China de Chuxion co voto favorable dos 26 países que integran a Sociedade Internacional da Camelia.

Deste xeito, os xardíns de Soutomaior, dependentes da Deputación Provincial de Pontevedra, convértense nun centro de referencia a nivel mundial para a promoción, estudo, conservación e difusión da camelia.

Só outros 9 xardíns en toda Europa teñen recibido este recoñecemento, dos cales 4 están no Reino Unido, 2 en Alemaña, 1 en Italia, 1 en Francia e 1 en Suiza. No resto do mundo atópanse outros 19 xardíns de excelencia, distribuídos entre China, Xapón, Nova Zelanda, Estados Unidos, Australia e Sudáfrica.

420 exemplares de camelia

Para obter este recoñecemento, que se concede a aqueles parques botánicos que destacan pola calidade e cantidade de especies e variedades do xénero camelia, Soutomaior tivo que demostrar que cumpre cos 9 requisitos que a Sociedade Internacional da Camelia esixe para poder ser declarado xardín de excelencia, entre os que se atopan o de estar aberto ao público regularmente; ser de entrada libre ou con taxas fixadas –no caso de Soutomaior a entrada aos xardíns e gratuíta-; ter rexistradas todas as camelias e a súa localización no xardín; ter identificadas con etiquetas as camelias; ofrecer información aos visitantes e, sobre todo, posuír un mínimo de 200 cultivares e especies de camelia. De feito, na actualidade Soutomaior ten unha colección de máis de 420 exemplares de camelia de 25 especies. Ademais, puxo sobre a mesa valores engadidos que foron tidos en conta polos membros do xurado, como o feito de que os xardíns posúen unha colección de camelias históricas do século XIX, que comparten espazo con outras 200 especies botánicas diferentes, así como o empeño da Deputación por manter e preservar este xardín; o traballo da estación Fitopatolóxica do Areeiro a prol da investigación sobre cultivo, pragas e enfermidades desta planta; e as iniciativas que se desenvolven nos propios xardíns para a difusión desta especie, como son a exposición da camelia que o Castelo de Soutomaior acolle no mes de marzo e que se poderá visitar tamén este sábado

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: