MÁIS DE 80 PROFESIONAIS PARTICIPAN NAS VII XORNADAS FORMATIVAS SOBRE AS ILLAS ATLÁNTICAS PARA GUÍAS E INFORMADORES TURÍSTICOS
Durante o día de hoxe teñen lugar as charlas teóricas sobre patrimonio natural e cultural do Parque, a lexislación en materia de espazos protexidos, así como aspectos prácticos para os servizos que deben prestar os guías turísticos ás visitas.
- As xornadas continuarán mañá coa visita ás Illas Cíes dende a Estación Marítima de Vigo para levar a cabo rutas guiadas polo Parque Natural, ademais da organización de diversas actividades onde poderán participar os asistentes.
- O obxectivo é proporcionar aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque Nacional sobre os servizos que se ofertan, normativa ou a xestión do lugar.