María Teresa Andruetto, Premio Andersen 2012

  No catálogo de Galaxia publicamos a súa novela STEFANO.-Estes días nos que Editorial Galaxia estivo a participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, deuse a coñecer o fallo do Premio Andersen, considerado unanimemente como o Premio Nobel para ese chanzo de idade. María Teresa Andruetto, a escritora arxentina da que no noso catálogo temos a súa novela Stefano, publicada na colección Costa Oeste,  foi distinguida con tan importante galardón.
O Premio Andersen gaba a traxectoria dunha autora ou autor co recoñecemento máis importante de todos cantos se entregan a nivel internacional. Decidimos traer ao galego Stefano porque no fondo é unha historia moi achegada a nós, pois trata da emigración e da epopea que, na novela, os italianos tiveron que vivir para gañar o pan noutros mundos. Os galegos sabemos moito diso, e por iso esta novela de María Teresa Andruetto é un referente nas escolas e institutos de Galicia

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: