O CONCELLO RESTABLECE O ACESO AO CASCO VELLO CON BOLARDOS

O alcalde deu xa a instrución ao concelleiro de Mobilidade, Transportes e Seguridade, Carlos López Font, para que entre en funcionamento a partir desta noite. No encontro mantido con colectivos do Casco Vello o edil de Tráfico e Seguridade constatou o apoio ao sistema de control de tráfico por parte da Asociación Veciñal, dos Comerciantes e dos Hostaleiros do Casco Vello.

 Vigo, 23 de marzo de 2012.– O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a instrución esta tarde de restablecer o aceso ao Casco Vello a través do sistema de bolardos tras constatarse o apoio dos colectivos veciñais. Nesta tarde o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Carlos López Font, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Veciños do Casco Vello, dos hostaleiros e dos comerciantes, trala que se decidiu a restitución da medida para controlar o aceso ao Casco Vello de Vigo. Deste xeito, o Concello restaurará o sistema de bolardos controlados pola Policía Local para o acceso dos vehículos ao barrio histórico, un sistema que, na opinión do responsable municipal, funcionaba ben, tanto para residentes, taxis ou entradas aos negocios. Aínda que o sistema sexa mellorable, representantes dos comerciantes, hostaleiros e veciñais coincidiron en cualificar de razoable o funcionamento. En todo caso, o concelleiro explicou que algún colectivo afectado pretendía que existira maior porosidade no acceso á zona, unha petición que, segundo o edil, non ten cabida co sistema de bolardos deseñado ao estar contraindicada ca regulación do tráfico rodado. Por todo elo o concelleiro emprazou aos colectivos do casco histórico a presentar todas aquelas propostas de mellora que se incorporarán, na medida do posible, á regulación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: