A XUNTA INTEGRARÁ NA SÚA REDE DE ESCOLAS INFANTÍS 750 NOVAS PRAZAS DE 0-3 ANOS FINANCIADAS POLA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración coa vicepresidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez Marcote
- A Fundación financiará a construción e dotación de mobiliario de 9 centros en Galicia, de 82 prazas cada un deles, de forma escalonada ata 2015
- O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar levará a cabo todos os trámites relativos á execución da construción e equipamento e integrará as novas instalacións na súa rede Galiña Azul
- Mato anunciou que esta mesma semana abrirán os centros do Pino e Coristanco, o que suporá que a cifra de novas prazas infantís creadas desde 2009 polo Goberno galego chegará ás 2.422, un 44 por cento máis
- Avanzou, ademais, que entre os meses de setembro e decembro poranse en marcha outras 11 novas escolas infantís, que sumarán 400 prazas máis á rede autonómica