Noticias ayunatmiento de Vigo 26-03-12

A Corporación apoia as mobilizacións de folga xeral contra a reforma laboral

Socialistas e nacionalistas coincidiron no Pleno deste luns á hora de esixirlle ao Goberno Central a retirada da Lei da reforma laboral. Durante a sesión plenaria aprobáronse sendas mocións -unha de cada grupo- nas que se solicitaba ao Executivo a presentación no Congreso dos Deputados dun texto alternativo e pactado cos axentes sociais e se manifestaba o apoio da Corporación á folga xeral do 29 de marzo.

O Pleno pide a administracións e entidades solución para os afectados polas preferentes

Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSOE e BNG- consensuaron na sesión plenaria deste luns un texto en defensa dos dereitos dos consumidores afectados polas chamadas participacións preferentes, comercializadas por distintas entidades financeiras. A moción esixe solucións ás administracións públicas, bancos e organismos reguladores.

 

O Concello estudará medidas para que o aparcadoiro da Praza de Portugal sexa para residentes

A moción presentada polo Partido Popular, e enmendada logo polos nacionalistas, saíu adiante este luns co respaldo da unanimidade dos edís municipais. O acordo adoptado insta ao goberno local a que, “logo de realizados os estudos oportunos”, se adopten medidas para que este céntrico estacionamento soterrado poida ser destinado aos residentes da zona.

 

O Pleno insta á Xunta a resolver “con axilidade” as axudas do Risga e de emerxencia social

Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a unha moción do PSdeG que solicita á Xunta resolver “con axilidade” as axudas destiñadas a afrontar necesidades básicas das familias que xa esgotaron as prestacións do Inem. No texto aprobado lémbrase que a administración autonómica ten pendente de resolución 1.020 Risgas e 970 axudas de emerxencia social que foron enviadas coa aprobación do Concello de Vigo o pasado mes de novembro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: