O DOG PUBLICA A CONVOCATOR​IA PARA INSCRIBIRS​E AO RECOÑECEME​NTO DA EXPERIENCI​A PROFESIONA​L PARA 50 PRAZAS NO SECTOR DA LOUSA

O prazo de solicitude, que comezou hoxe, rematará en 20 días  

  • As consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria promoven esta iniciativa co obxectivo de mellorar as posibilidades de mobilidade profesional deste colectivo
  • O Goberno galego considera prioritario o apoio ao sector da pedra natural en Galicia para contribuír a súa revitalización económica 

 Santiago, 26 de marzo de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para inscribirse ao proceso de recoñecemento da experiencia profesional para 50 prazas no sector da lousa. Esta iniciativa ten por obxecto convocar en Galicia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.O recoñecemento da experiencia profesional neste sector é unha iniciativa que promoven as consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria.  O departamento de Traballo aporta os medios persoais para poñer a iniciativa en marcha, mentres que o de Economía achegará 40.000 euros a tal efecto, o que permitirá a acreditación laboral de arredor de 50 traballadores ao longo de 2012.O prazo de solicitude para anotarse, que comezou hoxe, rematará o 16 de abril. A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia; nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar; nos centros propios de formación profesional ocupacional; na Fundación Galega da Formación para o Traballo; no Instituto Galego das Cualificacións.Os interesados deberán presentar a súa solicitude a través da páxina web http://traballoebenestar.xunta.es. Entre os requisitos para acceder a este procedemento destacan ter cumpridos os 20 anos; ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar; e no caso de ter experiencia laboral xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.Unha parte importante dos traballadores do sector en Galicia carece dunha acreditación oficial das súas competencias profesionais. Son persoas sen cualificación acreditada, non sen cualificación real, pois a maioría, aínda que non posúan unha credencial oficial, si que posúen as cualificacións que se requiren no sector, por telas adquirido mediante a experiencia laboral, facéndose necesaria que obteñan unha acreditación oficial para mellorar as posibilidades de mobilidade profesional deste colectivo.Para a posta en marcha do procedemento de recoñecemento da competencia profesional levouse a cabo unha análise do sector, co fin de identificar as cualificacións e competencias que serían, á súa vez, prioritarias dentro do área da pedra natural. Atendendo ás demandas do sector, decidiuse desenvolver o proxecto de acreditación propia da lousa, que comezaría polas tres seguintes unidades de competencia da cualificación profesional  de “Cubertas inclinadas”: construír a cobertura con tella e lousa, organizar traballos de cubertas e impermeabilizacións e controlar a nivel básico riscos en construción.A Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, realizou un curso de formación para a habilitación de 10 asesores e 10 avaliadores nas cualificacións e unidades de competencia da área de pedra natural e que executarán este procedemento.

 Apoio ao sector

A Xunta considera prioritario o apoio ao sector da pedra natural en Galicia para contribuír a súa revitalización económica, máis necesaria nun período de dificultades no que se vén desenvolvendo esta actividade empresarial. Entre os obxectivos da Estratexia 2020 en materia de educación e formación profesional está a de facer realidade a aprendizaxe permanente dos traballadores, para o que se precisa unha maior flexibilidade na maneira de adquirir e avaliar os resultados das aprendizaxes, tendo especial relevancia o aprendido pola experiencia no traballo. A carencia de acreditación profesional incrementa os riscos de exclusión laboral e polo tanto de exclusión social. Por conseguinte, a dispoñibilidade de traballadores acreditados beneficia a empresarios, a traballadores e ao conxunto da sociedade, non só a nivel autonómico e estatal, senón tamén a nivel europeo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: