TRABALLO COLABORA COA USC PARA A POSTA EN MARCHA DUN CENTRO DE ESTUDOS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, participou hoxe na reunión constitutiva do Consello do centro
- Trátase dun centro de estudos, de formación e de investigación de carácter mixto, integrado polo departamento de Dereito Mercantil e de Traballo da USC e a Consellería de Traballo e Benestar
- Este centro adicase á investigación, formación e estudio da RSE e do bo goberno da empresa, tanto cara aos mercados nos que participan, como respecto dos seus accionistas, inversores, consumidores e a sociedade en xeral