O PARLAMENTO APROBA A NOVA LEI ELABORADA POLA XUNTA PARA INCREMENTAR O NIVEL DE PROTECCIÓN DOS CONSUMIDORES GALEGOS
Tras 27 anos de vixencia da anterior, a nova norma fará do mercado unha contorna máis segura
A norma deseñada por Economía e Industria afianza a protección dos dereitos dos consumidores mais vulnerables e dos colectivos con necesidades especiais
Créase a figura do mediador e apóstase pola resolución extraxudicial dos conflitos coa mediación e a arbitraxe, para evitar o colapso da xustiza
Ademais, as empresas que ocupen bens de dominio público, como as compañías aéreas, de telefonía ou electricidade, terán que ter oficinas físicas de atención ao consumidor
A norma, elaborada co consenso do sector, crea a Rede de Alerta Galega de Produtos de Consumo que incluirá un sistema de recollida de datos de accidentes