A XUNTA DECRETA O NIVEL 1 NUN LUME FORESTAL NO CONCELLO PONTEVEDRÉ​S DE MONDARIZ, NA PARROQUIA DE SABAXÁNS

  • Esta medida preventiva adóptase pola proximidade do incendio a vivendas

Santiago, 28 de marzo de 2012.- A Xunta decretou hoxe, como medida preventiva, o “Nivel 1” nun lume forestal rexistrado no municipio pontevedrés de Mondariz (parroquia de Sabaxáns) pola proximidade do incendio a vivendas.  A estrada que une esa parroquia coa de Cernadela foi cortada ao tráfico por mor do lume. Para coordinar os medios humanos e persoais, e seguindo o Plan de loita contra os incendios forestais (Pladiga), Medio Rural e Mar propuxo este activación de “Nivel 1” como medida preventiva. O “Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, estando baixo o control dos medios de extinción da Xunta previstos no Plan da Comunidade Autónoma, poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume. O lume comezou ás 16:00 horas desta tarde e está activo arestora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Os medios que traballan neste lume son 3 axentes forestais, 2 brigadas, 1 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: