O PP DE SALCEDA DE CASELAS MEDIA UNHA VEZ MÁIS NA XESTIÓN DE AXUDASA ASOCIACIÓNS

  Rodríguez Davila acompañou á directiva da Asociación Amigosda Música na súa recepción por parte de Marta Iglesias quen lles fixo entregadunha achega económica con motivo da celebración do 25 aniversario.

Salceda de Caselas, 28 de marzo de 2012.- O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase, unha vez máis, da achega económica que a Deputación de Pontevedra outorgou á Asociación Amigos da Música de Salceda co fin de subvencionar os actos programados con motivo da celebración do 25 aniversario desta agrupación.O presidente e concelleiro do PP, Santiago Rodríguez Davila, acompañou a membros da directiva da asociación na súa recepción por parte da deputada Marta Iglesias que incidiu no apoio que o ente provincial está a facer con esta e en xeral con todas as agrupacións deste e doutros municipios. Trátase dunha axuda moi importante, unha cantidade que nos últimos anos, dende que Rodríguez Davila está ao fronte do partido, lévase multiplicado por tres grazas á mediación incansable na xestión da mesma por parte do PP e á boa recepción sempre da Deputación de Pontevedra no seu obxectivo de contribuír coa cultura. Compromiso, o de estar sempre a prol e contribuíndo con esta e con todas as asociacións de Salceda, adquirido tanto polo PP de Salceda de Caselas como polo ente provincial independentemente da cor política das directivas e os seus membros, velando só polo seu progreso e o bo desenvolvemento das súas actividades en beneficio dos veciños.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: