Técnicos da Deputación asisten a unha demostración de mobil mapping para a documentación de estradas

  Pontevedra (28-03-12).- Técnicos de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra participaron esta mañá nunha demostración práctica da tecnoloxía “mobil mapping”, unha tecnoloxía que realiza unha toma masiva de datos mediante a creación de nubes de puntos que rexistran todos os elementos presentes nas estradas.

O equipo móbil utilizado para estes traballos polal empresa Enmacosa e Global Suministros Topográficos inclúe unha unidade de xeoposicionamento, GPS subentimétrico, sensor inercial e un odómetro que aseguran a correcta xeorreferenciación dos datos. Incorpora, ademais, un sistema chamado Lidar, composto de tres láser escáneres cos que se consigue unha nube de puntos de precisión centimétricas, e cámaras de fotografía e vídeo panorámicas similares ás utilizadas por Google para a súa ferramenta “street view”.

Tres estradas escaneadas

Durante a demostración escaneáronse tres estradas provincias: Ramallosa-Parada (EP-2106), Gondomar-Vilaza-Parada (EP 2303) e Gondomar-Chaín-Morgadáns (EP-2302) e os técnicos puideron comprobar a exactitude das medicións e o gran aforro de tempo á hora de levar a cabo levantamentos topográficos ou facer novas medicións. O sistema permitiría ter un inventario de datos e medicións das vías provinciais.

Obtención de todos os datos

Esta tecnoloxía facilita a elaboración dun catálogo de todos os elementos presentes nas estradas, desde o estado dos aglomerados, a pintura, os niveis dos terreos, as beirarrúas, os farois, os tendidos de electricidade ou pasos elevados,  entre outros, cun único equipo de traballo e nun breve espazo de tempo. Permite facer medicións dende o propio ordenador e evita ter que desprazarse ao terreo para calquer consulta, o que se traduce nun importante aforro de tempo e traballo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: