Archivo | marzo 2012

A CELEBRACIÓ​N DA RECONQUIST​A CHEGA AO CENTRO DE DÍA DE COIA CON DIVERSOS OBRADOIROS E UNHA REPRESENTA​CIÓN

  • Os usuarios elaboraron traxes e decorados e traballaron nun texto sobre este acontecemento

 Santiago, 28 de marzo de 2012.- Con motivo da celebración hoxe en Vigo da festividade da Reconquista, o centro de día de Coia acolleu diversos obradoiros ao longo deste mes de marzo. Así, os usuarios traballaron na elaboración de decorados e de traxes para unha representación. Nela tomarán parte 18 dos maiores que acoden diariamente ao centro de día, mentres que e o resto dos usuarios serán figurantes e irán caracterizados como veciños de A Garda, Baiona e Cangas, e algúns como franceses. Tamén cara a esa representación, que terá lugar este venres no centro de día, durante as últimas semanas estiveron a traballar na redacción dun texto e a recopilar e lembrar a historia da cidade. Esta actividade, dirixida tanto a lembrar esa parte da historia de Vigo como a potenciar as capacidades artísticas e de expresión, contou coa implicación de todos os usuarios, entre os que se atopa unha muller de 91 anos que será unha das protagonistas e que está a participar en todos os ensaios e obradoiros.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN SALCEDA

A concellería de emprego e formación de Salceda de Caselas ven de organizar un curso de Manipulador de Alimentos, dentro do Plan de Formación 2012.

O curso terá lugar o próximo sábado, 31 de marzo no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón.

A Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, responsable desta área, subliña que con este curso e a resposta a demanda de moitas e moitos veciños dos últimos meses. Dende a concellería de Emprego e Formación queren volver a resaltar que toda a información en relación cos cursos está na páxina web do Concello, e preténdese que a páxina web sexa unha ferramenta fundamental para os demandantes de formación.

Cogave información

COGAVE (Confederación Galega de Asociacións Veciñais, composta por federacións veciñais das catro provincias galegas, e que aglutina a máis de 400 asociacións) quere facer público que o pasado sábado, día 24 de marzo de 2.012, mediante celebración de Comisión Permanente e de Consello Confederal, tomou o acordo por unanimidade e en concordancia coa posición adoptada pola organización en datas precedentes, de manifestarse, logo de recoller as inquedanzas e opinións da cidadanía, respecto a un tema tan importante para a sociedade como é a situación actual e sobre todo a futura da SANIDADE. Leer Más…

LEO BASSI VOLVE A GALICIA

Con The Best Of, o bufón máis aclamado do mundo volve a Galicia, nun espectáculo no que repasa algúns dos seus millores números, co seu estilo único cargado de enerxía e humor irreverente.

  Será os días 13 de abril en As Pontes e o 15 de abril en Cangas..- Dúas únicas funcións nesta minixira na que poderemos ver algúns dos seus números máis clásicos.

 Case 2 horas de provocación, risa e tolemia ao máis puro estilo Leo Bassi…

ELCLUB DE PATINAJE RIBEX DE PORRIÑO SE PROCLAMA SUBCAMPÉON DE LA COPA DE ESPAÑA

  Con este logro en el grupo show, ahora las expectativas están puestas enel trofeo europeo que se celebrará en junio en Italia Los miembros del equipode Gobierno local se congratulan y les dan susfelicitaciones deseándoles muchas más victorias y conquistas que a todos losporriñeses enorgullece

COMUNICADO DE PRENSA Alcaldia de Vigo

 

 

Madrid, 27 de marzo de 2012.

 

– O alcalde de Vigo e vicepresidente primeiro daFEMP, Abel Caballero, avanzou que a Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias acordou esta mañá prantexar ao Goberno Central que sexa a administración máis cercana a que asuma as competencias sociais e as de cercanía, dotadas sempre co preciso finanzamento. Na mesma liña, os responsables municipais de toda España acordaron solicitar ao Executivo unha delimitación das competencais de cada administración para evitar duplicidades. Outro dos asuntos nos que se fixo especial fincapé na reunión da Femp, segundo Caballero, foi na necesidade de que as comunidades autónomas paguen as débedas que teñen coas administracións locais, así como o rexeitamento “absoluto” a que as CCAA coaccionen aos concellos para que paguen o solo de proxectos da súa absoluta responsabilidade, xa que suporía para as entidades municipais a asunción de competencias impropias porque o finanzamento o teñen as administracións autonómicas, non as locais.

Abel Caballero

Alcalde de Vigo y vicepresidente primero de la FEMP

Praza do

 

BRAVO BOSCH VISITOU ESTA MAÑÁ O CONCELLO DE SOUTOMAIOR, ONDE MANTIVO UNHA PRIMEIRA REUNIÓN INSTITUCIONAL CO SEU ALCALDE

 Soutomaior, 27 de marzo de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Soutomaior para manter unha primeira reunión institucional co seu alcalde, Agustín Reguera, e coñecer os principais problemas do municipio.-Durante o encontro, delegada e alcalde trataron diversos asuntos que nestes momentos teñen enriba da mesa ambas administracións e, neste senso, o rexedor do municipio explicoulle o seu interese por proxectos coma a construción do IES de Soutomaior. Neste senso, a delegada transmitiulle que levará a cabo as xestións oportunas para poder poñelo en marcha. Entre outros asuntos, trataron cuestións coma a celebración da XXVI Festa da Ostra de Arcade, que se celebra este fin de semana no concello e que, nesta edición, contará coa presenza da periodista e coordinadora do servizo de información meteorolóxica da Televisión de Galicia, Ana Celia Vázquez, encargada da lectura do pregón deste ano. Bravo Bosch quixo amosar o seu apoio a esta recoñecida festa, declarada de Interese Turístico Galego no ano 2002 ademais de resaltar o seu carácter e valor turístico e cultural xa que se trata dun evento que, cada ano, consegue superar os 30.000 visitantes.

OVENRES 30 DE MARZO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ALBERTO GRANADA EN DETRÁS DOMARCO

No acto contaremos coa actuación do grupo Clave de FaDo (20:30 horas)

Opintor Alberto Granada inaugura o venres 30 de marzo (20:30 horas) a súaexposición “A vida é un accidente”,que permanecerá en Detrás do Marcoata o día 29 de abril. No acto de inauguración actuará o grupo Clave de FaDo. Amostra xa está no local exposta dende este luns

ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTARS​E AO V PREMIO LITERARIO ESCOLAR

O prazo de presentación dos traballos para o Premio Literario Escolar Novacaixagalicia, no que poden participar todos os alumnos e alumnas de Galicia que estean cursando terceiro ciclo de primaria, eso ou bacharelato, rematará o vindeiro 13 de abril. Os escritos, que deben ser orixinais e inéditos, pódense enviar por correo postal ao Centro Social Novacaixagalicia de Vigo.

El Grupo Muéstralo suma un salón más a su lista de eventos anuales con la compra de Vigoferia

 Se convierte así en la mayor empresa de organización de eventos de Galicia en cuanto al número de sectores representados

Vigo, 27 de marzo de 2012.- El Grupo Muéstralo acaba de adquirir una nueva marca que se suma a su lista de eventos anuales. Esta misma mañana formalizaba la compra de Vigoferia con su hasta ahora organizador, la empresa Planner & Proceltha. Con esta adquisición, el Grupo Muéstralo se convierte en la mayor empresa de organización de eventos de Galicia en cuanto al número de sectores representados. Así, el salón multisectorial Vigoferia (mueble, decoración e interiorismo) se une a la internacional Navalia (construcción naval); SICO (construcción); Stockaxe (comercio minirista) o Arosa Novias (sector nupcial). Leer Más…