Noticias Ayuntamiento de Vigo 02-04-12


O alcalde avanza que o plano de eficiencia enerxética supón un aforro anual de 400.000 euros ao Concello

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou esta mañá en máis de 400.000 euros o aforro que supón para as arcas municipais a posta en marcha dun plan de eficiencia enerxética no alumeado público de Vigo. Esta iniciativa, dixo “non é un proxecto, senón unha realidade porque xa está funcionando sen merma na eficacia lumínica”

 



O alcalde, nunha visita anterior a Navia

O alcalde anuncia que “en dúas semanas” publicarase a lista dos candidatos ao aluguer das 35 vivendas protexidas en Navia

O Concello de Vigo recepcionou este luns as 35 vivendas que lle corresponden por lei por ter cedido o solo para a construción dun edificio en Navia con pisos de protección oficial. Segundo adiantou Abel Caballero, nun prazo de dúas semanas sairá publicada a lista provisional de admitidos e excluídos para o sorteo. Os alugueres oscilarán entre os 115 e os 166 euros mensuais.

 


O goberno de Vigo plantexa ampliar ao Berbés o plan de rehabilitación do Consorcio do Casco Vello

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, propuxo esta mañá ampliar o ámbito de actuación do Consorcio -participado polas administracións local e autonómica- priorizando a fachada do Berbés, unha vez remodelación da parte alta da zona histórica viguesa encara a súa finalización.

 


Vigo acollerá o 5 e 6 de abril o I Concurso de Violín “Cidade de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, Elizabeth Taylor, presentaron este luns o evento, que reunirá a novos concursantes de ata 19 anos procedentes de distintos puntos de Galicia. A cita concluirá o venres, 6 de abril, coa entrega de premios e un concerto de peche dos galardonados.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: