PORTOS DE GALICIA INVESTIU MÁIS DE 58.000 EUROS NO REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NO PORTO DE CANIDO

  O presidente do ente público, José Juan Durán, mantivo esta mañá un encontro coa confraría de Vigo para avaliar as necesidades do peirao de titularidade

  • A actuación reordena e mellora as condicións para a circulación de vehículos na zona portuaria

 Santiago, 2 de abril de 2012.-  Portos de Galicia vén de terminar as obras de reforzo da seguridade viaria e mellora das condicións do firme portuario no peirao vigués de Canido. O presidente do ente público, José Juan Durán, comprobou esta mañá o remate dos traballos nun encontro mantido co patrón maior da confraría de Vigo, Julio Alonso, para avaliar as necesidades do peirao de titularidade autonómica. Durán Hermida afondou nas características da actuación executada, que mellora as condicións para a circulación dos vehículos na zona portuaria. Deste xeito refórzanse as facilidades infraestruturais para o desenvolvemento da actividade dos usuarios e, en especial, do sector profesional. Os traballos contaron cun investimento de 58.750 euros, achegados pola Consellería do Medio Rural e do Mar a través de Portos de Galicia. Entre outras medidas, renovouse o firme asfáltico, instaláronse bandas reductoras de velocidade e reforzouse a sinalización horizontal. Na súa estancia en Canido, Durán Hermida comprobou tamén o funcionamento da nova grúa instalada por Portos de Galicia no peirao. Esta máquina, que se atopa xa a disposición dos usuarios, permite izar embarcacións de ata 8 toneladas. A súa instalación respondeu a unha solicitude da confraría e requeríu dun investimento de 42.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: