NOVACAIXAGALICIA TRAE A VIGO O LAGO DOS CISNES CUNHA MONTAXE DO BALLET CLÁSICO DE KIEV
O Teatro Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá este venres 13 de abril, ás 19:30 h, o ballet O lago dos cines na montaxe que desenvolverá o Ballet Clásico Estatal de Kiev consonte a interpretación coreográfica deseñada por Marius Petipa e Lev Ivanov en 1895, case vinte anos despois da súa estrea en Moscova.