O PP DE ARBO PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO A TODOS OSVECIÑOS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E INFORMA DUNHA PRÓXIMA REUNIÓN INFORMATIVA

  • Será este xoves, 12 de abril, ás 20.30 horas no salón de plenos, cando técnicos do Instituto Galego do Consumo faciliten aos asistentes toda a información precisa e asesoramento na canalización das súas reclamacións

Arbo, 9 de abril de 2012.- O Partido Popular de Arbo presentou no último pleno ordinario unha moción en apoio ás persoas afectadas polas participación preferentes e que se lle preste información e asesoramento a través dos servizos municipais. Unha proposta que foi aprobada por todos os grupos políticos e que se pon de manifesto xa de inmediato coa celebración, este xoves 12 de abril, ás 20.30 horas, dunha reunión informativa no salón de plenos do Concello de Arbo. Trátase dun encontro ao que acudirán técnicos do Instituto Galego do Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que facilitarán aos asistentes toda a información precisa, ofrecéndolle aos afectados que así o desexen asesoramento na canalización das súas reclamacións aos organismos competentes.

Dende o PP de Arbo explican a necesidade urxente de levar a cabo esta moción “ao comprobar que son moitos os veciños do municipio, sobre todo persoas maiores, que están subscritos a un produto financeiro altamente complexo como son as participacións preferentes, e moitos deles sen ser conscientes delo”, sostén Horacio Gil, voceiro do PP local. “Persoas que colocaron en participación preferentes os aforros da súa vida sen que por parte das oficinas das diferentes entidades se lles informara de que este produto ten un carácter perpetuo cuns intereses suxeitos aos beneficios da propia entidade financeira”.

Contido da moción

Por todo isto, os populares arbenses propuxo ao Pleno a adopción, por unha parte, de apoiar ás persoas afectadas nas súas legais reclamacións e prestar información ás mesmas a través dos servizos municipais, e, por outra, instar á Xunta de Galicia á que: inste, á súa vez, ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a NovaGalicia Banco e ao resto das entidades financeiras para dar solución á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participación preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto. Que inste, ademais, ás entidades financeiras que operan en Galicia e que emitiron participacións preferentes para que promovan unha solución aos subscritores deste produto que desexen recuperar os cartos investidos, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado. Que apoia e informe aos posibles afectas pola comercialización destas participacións sobre as vías de reclamación que de dispoñen a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo. E, finalmente, instan tamén ao Executivo autonómico a que demanden das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: