PRETO DE 3.000 PERSOAS FORMÁRONSE NO CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE GALICIA, DOS QUE UNS 900 ACADARÁN UNHA CERTIFICACIÓN PROFESIONAL
- A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, ofreceu hoxe en rolda de prensa un balance dos catro anos de funcionamento deste centro, adscrito á Consellería de Traballo e Benestar
- A porcentaxe de cursos que permiten conseguir unha certificación oficial, a nivel mundial, aumentou do 55 por cento do total no curso 2008/2009 a un 83 por cento no actual 2011/2012
- Do persoal desempregado que participou nos cursos –segundo datos de 2010/2011, os últimos dispoñibles- o nivel de inserción laboral posterior acadou o 51,5 por cento
- O 41 por cento dos ocupados que tomaron parte nas actividades formativas manifestaron ter acadado unha mellora laboral
- O nivel de satisfacción do alumnado chega, en case todo os aspectos, a valores de ao redor do 8,8 sobre 10 durante a actual programación 2011/2012