Archive | abril 10, 2012

Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-04-12


O alcalde asegura que o Concello é a única administración que realiza en Vigo plans directos de creación de emprego

O programa municipal Vigo Emprega pechou o prazo de solicitudes, que hoxe cifrou Abel Caballero en 4.500 peticións para un total de 103 postos de traballos de 12 meses, con formación retribuída. Tras este, o alcalde adiantou que o goberno local dará continuidade aos plans de creación directa de emprego ata chegar aos 5 millóns orzamentados este ano ao efecto.

 


Caballero entregou os diplomas ás 26 mulleres do programa Clara para a empregabilidade

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Igualdade, Chus Lago, fixeron entrega este martes dos diplomas ás 26 mulleres que participaron no programa Clara, que procura implementar a empregabilidade das mulleres con especial vulnerabilidade e/ou en situación de risco de exclusión social.

 


Exposición sobre “Os ilustradores galegos. 1880-1936”

A Biblioteca Xosé Neira Vilas exhibe unha compilación da obra gráfica dos/as ilustradores/as galegos/as dende 1880 ata 1936. O obxecto da mesma é dar a coñecer a importancia dos libros como soporte da actividade artística, así como valorar os distintos estilos que se dan cita en Galicia no período histórico sinalado.

 


Presentación do libro “Cátedra Novacaixagalicia de Estudos feministas nº 5 Universidade de Vigo

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acolle hoxe martes ás 19 horas a presentación do libro “Cátedra Novacaixagalicia de Estudos feministas nº 5 Universidade de Vigo”, Difusora de letras, artes e ideas 2011.

Manifiesto dos voceiros socialista​s dos concellos da Área Metropolit​ana de Vigo

 ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.

UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA

       O Pleno do Parlamento de Galicia ven de aprobar no día de hoxe a Lei de Creación da Área Metropolitana de Vigo, feito que deberíamos celebrar todas as forzas políticas que pensamos que é necesario construir espazos para a planificación, a coordinación e a xestión eficaz dos recursos nos espazos urbanos, cos municipios que están fortemente integrados na nosa área de influencia, en termos xeográficos, económicos, sociais e mesmo humanos. Leer Más…

CONCIERTO DE “A VILA” EN EL TEMPLO DE LA SOLEDAD PARA PROMOCIONARLA CONSTRUCCIÓN DE UN PARVULARIO EN MÉXICO

Un conciertode música sacra a cargo del Obradoiro Vocal ponteareano  “A Vila”,  bajo el lema “Miserere+Aleluya”  serviráde marco para presentar en nuestra ciudad los proyectos de construcción de un  parvulario y un centro de promoción de lamujer, que la asociación sin ánimo de lucro “Yachana-huasi” (que significa “lacasa a donde vamos a aprender”)  estápatrocinando en Izúcar de Matamoros (México). Leer Más…

FESTIVAL SINSAL X

  Sábado 14 e domingo 15 de abril.

Museo MARCO

BONO SÁBADO (TODA AS ACTIVIDADES) – 20€
ENTRADAS PARA O SÁBADO (SOLO SALÓN DE ACTOS) – 15€
ENTRADAS PARA O DOMINGO – 5€

http://www.novas.sinsalaudio.org/Horarios-e-espazos-Club-Sinsal

O Club Sinsal é un novo escenario dentro da programación do Festival Sinsal.

 Nesta primeira edición do Club Sinsal no MARCO de Vigo contaremos con:

Espacio Súper8, grupos locais e proxección de Súper8 caseros cedidos por veciños da cidade.

Espacio Laboratorio, revelado fotográfico e diferentes propostas entre a electrónica e a experimentación sonora. Espacio Auditorio, no auditorio do MARCO, para as actuacións principais. Haberá tamén outras propostas, tal é o caso da Escola, música e son explicados para os cativos (a partires de seis anos), o Espacio Escritorio, onde atoparemos literatura, conversa e ritmo, e as Performances e o Showroom que completarán a programación. O domingo, como colofón, teremos sesión vermú.

Mañá mércores a partir das 11.00, novo intento récord guitarra no MARCO

  Mañá mércores 11 de abril a partir das 11.00

Novo intento de récord de solo de guitarra no MARCO

Exposición PRESENZA ACTIVA Leer Más…

La CEP valora el esfuerzo inversor en Pontevedra de los PGE2012

Vigo, 10 de abril de 2012.-

valora el esfuerzo inversor en la provincia de Pontevedra de los Presupuestos Generales del Estado para el 2012, dado que suponen un incremento del 10% con relación al año pasado. Este dato resulta más relevante si se tiene en cuenta que, en conjunto, son los presupuestos más austeros de la historia de la democracia de España. Leer Más…

Obradoiros de fin de semana Museo do Mar

  ver horario  e inscripciones en el área de formación dos obradoiros.

El compositor coruñés Jose Carballido va a ofrecer en el Auditorio Municipal de Vigo el sábado, día 14 de abril

Concierto  que el músico y compositor coruñés Jose Carballido  ofrecerá en el  Auditorio Municipal de Vigo el sábado, día 14 de abril, a las 21.00  horas. En este concierto, Jose Carballido presentará su musical  “Requiem”, un espectáculo que aúna lo mejor de la música clásica con  el rock. Leer Más…

O PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE PORTOS DE GALICIA REDUCE O CONSUMO DE LUZ NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ATA UN 28%

  • Os primeiros resultados permiten calcular un aforro de máis de 35.000 euros ao ano só nestes 22 portos

 Santiago, 10 de abril de 2012.-  Portos de Galicia conseguiu reducir ata un 28,7% o consumo de enerxía eléctrica das dársenas da provincia de Pontevedra coa entrada en funcionamento da primeira fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. O presidente do ente público, José Juan Durán, fixo público esta mañá, nunha visita a Beluso, o primeiro balance de resultados desta actuación, aplicada na súa primeira fase na Zona Sur a 22 portos, entre Carril (Vilagarcía) e A Guarda. O Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética establece a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nalgunhas zonas portuarias, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios. Os primeiros datos obtidos revelan un rendemento positivo. Así, de media, o consumo de luz nos portos estudiados redúcese nun 18% respecto ao periodo de referencia tomado, o ano 2011, existindo casos como os de Cesantes, Panxón ou Corbaceiras no que a reducción se achega ao 30%. Estes resultados permiten calcular un aforro anual de máis de 35.000 euros. Analizando os resultados porto a porto, o maior aforro porcentual prodúcese no peirao do Cesantes (Redondela), cun 28.7%, mentres que o maior aforro neto dáse en Tragove (Cambados) con 441 euros menos ao mes, 5.289 ao ano. Na dársena de Beluso, onde se expuxeron estes resultados, o aforro foi do 19,23. A maiores do recorte no gasto, esta medida é un novo factor cualitativo de cara á solicitude da certificación europea de calidade e sostibilidade ambiental EMAS que Portos de Galicia está a tramitar para a os peiraos da costa cantábrica e que pretende extender ao conxunto do litoral galego. O plan de aforro permite reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalacións.

Este jueves 12 de abril, Isidoro Valcárcel Medina en el MARCO

Este jueves 12 de abril, el curso ‘Producción artística y cultural de 1968 a nuestros días’, impartido por Juan de Nieves, tendrá como protagonista a Isidoro Valcárcel Medina, en una sesión concebida como conversación entre el artista y el director del curso. Leer Más…