Archive | abril 13, 2012

O ESPECTÁCULO “FORZAS E ENERXÍAS” DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INICIA EN OURENSE A SÚA XIRA COA PREVISIÓN DE CHEGAR A 2.500 ESTUDANTES DE TODA GALICIA

   Os alumnos e alumnas sometéronse a un detector de mentiras elaborado con ketchup, usaron un bazooka de aire e fixeron lume chocando dúas bolas metálicas para aprender diferentes fenómenos relacionados coa enerxía
Os catro espectáculos de ciencia chegarán a máis de 8.000 alumnos e alumnas de toda Galicia
A Consellería de Economía e Industria organiza estas actividades, en colaboración coa Fundación Barrié, para conmemorar o 20 aniversario de Tecnópole

CONCIERTO DE LA CORAL OBRADOIRO VOCAL "A VILA“

“Miserere”   CONCIERTO DE LA CORAL OBRADOIRO VOCAL “A VILA“

Director: Alberto Abal

 ENTRADA LIBRE   Sábado, 14 abril 2012

19:45 hrs

Parroquia de Nosa Señora Da Soidade

Rúa Feliciano Rolán S/N -O Castro- Vigo

NOTICIAS AYUNTAMIENTO DE VIGO – 13-04-12


Caballero cualifica de “moi boa opción” a redefinición do proxecto de estación de Urzáiz que propón Fomento

Abel Caballero asegurou esta mañá que a estación de AVE de Urzáiz manterá os elementos centrais do proxecto de Tom Mayne a pesares de que Fomento “redefina o espazo nunha ubicación menor”. Despois dunha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, reiterou a súa “vocación de cooperación absoluta e total” co Goberno de España porque Vigo terá unha estación equivalente á maior estación de Viaria de España, a de Málaga.

 


O alcalde subliña que a Vigo Convention Bureau reduce un 15% o seu orzamento sen disminuir actividades

O alcalde e presidente do Padroado da Fundación Vigo Convention Bureau informou hoxe venres de que os membros do mesmo acordaron rebaixar un 15% o orzamento deste ano, unha “austeridade” que non significará “ningunha disminución das actividades”. A Fundación adicarase á promoción de Peinador e da cidade como destino de congresos.

 


O Concello inicia a contratación do servizo de socorrismo en dez praias de Vigo

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde deu conta da aprobación do expediente de contratación do servizo de salvamento e socorrismo para dez praias de Vigo, un acordo por dous anos que sitúa á cidade olívica “en posición de pedir un número moi elevado de bandeiras azuis”. O orzamento anual ascende a 235.818 euros.

 

Urbanismo propón que o “Colexio alemán” sexa un equipamento sociocultural no barrio de Coia

Abel Caballero avanzou que Urbanismo aprobou hoxe venres a modificación do PERI da Bouza Sur que posibilita que o antigo “Colexio alemán” sexa un centro sociocultural para uso e disfrute dos veciños de Coia. O cambio elimina definitivamente a posibilidade de construir “aquelas famosas torres de edificios que alguén quixo construir noutros tempos”.

 


Manel Fernández di que o Campionato de España sub 13 e sub 17, en Balaídos, “é un recoñecemento ao traballo do Vigo Squash”


O Vigo Squash organiza dende hoxe ata o domingo, cando se xogarán as finais ás 9:00 e 11:00 horas, o Campionato de España de categoría sub 13 e sub 17. Será nas seis pistas de Balaídos e desde a Concellaría de Deportes existe todo o apoio ao evento.

 


Obradoiro “Fai un títere” no Verbum

O sábado 14 de abril, en horario de 17 a 20 horas, con entrada gratuíta e para nenos a partir de 6 anos, o museo Verbum – Casa das Palabras organiza o obradoiro “Fai un Títere” que desenvolve a compañía Tanxarina en colaboración con Normalización Lingüística.

 

Apertura prazo de solicitudes para o programa “VENTE CON NOS”

A Concellería de Cultura e Festas asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa “Vente con Nos” do presente ano.Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.
Imposto de vehículos de tracción mecánica 2012

Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 30 de marzo do 2012, sinálase o período voluntario de cobranza do:IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2012. Período de cobranza:do 2 de abril de 2012 ao 5 de xuño do 2012, ambos os dous incluídos.

NOVACAIXAG​ALICIA PRESENTA EN VIGO A TEREZA SALGUEIRO

O Teatro Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo recibirá mañá, sábado 14 de abril ás 22:00 h, a Tereza  Salgueiro, unha das voces máis representativas do panorama musical portugués desde hai máis de dúas décadas. A traxectoria profesional de Tereza Salgueiro comezou coa formación do aplaudido grupo Madredeus, do que ela foi unha das fundadoras e no que participou ata que decidiu a súa marcha, presentando, en 2007, o seu primeiro disco en solitario, en que procuraba xunguir nun mesmo traballo discográfico sons que puxesen en contacto as tradicións portuguesas e brasileiras.

Abel Losada sobre Area Metropolit​ana

130412 Abel Losada A Metropolitana

Abel Losada confirma que el Partido Popular quiere gobernar Vigo por la puerta detrás confundiendo a los ciudadanos sobre el ärea Metropolitana. El Psoe y el Concello de Vigo buscarán una linea de actuación presentando una proposición de ley.

NOVACAIXAG​ALICIA PRESENTA EN OURENSE UNHA EXPOSICIÓN ANTOLÓXICA DE VIRXILIO

Hai máis de medio ano que finou Virxilio Fernández, e Novacaixagalicia, nun xesto de preservación da súa memoria, ofrece en Ourense unha exposición antolóxica. O Centro Social Novacaixagalicia da cidade das Burgas inaugurará o vindeiro 25 de abril «Virxilio. Antolóxica», a primeira mostra destas características que se realiza na súa cidade natal.

MÁIS DE 160 EMPRESAS DE TODA GALICIA COLABORAN CO ISSGA NA ELABORACIÓN DO MAPA DO RISCO QUÍMICO

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe na Coruña unha xornada técnica na que avanzou os resultados da primeira fase desta iniciativa
  • O mapa permitirá definir “dun xeito preciso” os produtos químicos máis utilizados e os sectores implicados co obxectivo de levar a cabo unha correcta avaliación dos riscos laborais derivados da presenza destes axentes nos centros de traballo
  • Do estudo que se está a facer para elaborar esta ferramenta, despréndese que os produtos máis utilizados polas empresas que tomaron parte na primeira fase son os irritantes e nocivos, seguidos dos perigosos para o medio ambiente

A Coruña, 13 de abril de 2012.- Un total de 161 empresas están a colaborar coa Consellería de Traballo e Benestar na elaboración do mapa do risco químico que estará listo a finais deste ano. A primeira fase desta iniciativa xa está rematada e na actualidade estase a traballar no estudo dos datos recompilados nunha segunda parte. Así o avanzou hoxe a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, na clausura na Coruña dunha xornada técnica sobre este mapa. Quinzá-Torroja lembrou que este documento permitirá definir “dun xeito preciso” os produtos químicos máis utilizados en Galicia e os sectores implicados co obxectivo de centrar neles as actuacións que se consideren convenientes, tanto de tipo formativo como de asesoramento, para unha correcta avaliación dos riscos derivados da presenza destes axentes. Ademais, con este mapa poranse en marcha as medidas preventivas axeitadas para reducir ou eliminar os riscos producidos por produtos químicos nos centros de traballo. Para a elaboración desta ferramenta estanse a identificar as empresas con risco químico en Galicia; os produtos químicos que se manexan nas empresas; as exposicións inadvertidas a produtos de especial perigosidade; e o número de traballadores expostos. Ademais, comunicarase ás empresas implicadas as exposicións inadvertidas e difundirase ás firmas os resultados e a base de datos que se obterá da recollida da información máis relevante dos produtos químicos máis utilizados en Galicia. Para recompilar os datos, as empresas teñen que completar un cuestionario sobre as condicións de utilización e medios técnicos de control; envaso e etiquetaxe; plans de emerxencia; ou programas de formación aos traballadores. As firmas que están a colaborar con este estudo son da industria de madeira; química, plásticos e artes gráficas; fabricación de produtos minerais non metálicos; do metal; naval e automoción; e de limpeza industrial e de edificios. Na primeira fase a maior parte das empresas que participaron foron as relacionadas coa industria química, plásticos e artes gráficas (un 32%); naval e automoción (23%); e metal (22%). Os produtos máis utilizados polas empresas que participaron na primeira fase son os irritantes (51,13%); nocivos (41,3%); perigosos para o medio ambiente (28,9%); inflamables (23,8%); e os sensibilizantes (21,2%). As empresas presentaron información sobre 5.453 produtos dos que o 56 por cento están clasificados como perigosos. Un 8% dos produtos non contiñan información sobre a súa clasificación. Precisamente, a directora do ISSGA indicou que un dos motivos que levou á Consellería a desenvolver este mapa é a falta de información nas empresas sobre a clasificación dos seus produtos.Neste senso, lembrou que  a normativa recolle a obriga do empresario de determinar a existencia e avaliar os ricos para a saúde e seguridade dos traballadores orixinados por axentes químicos. Por último, Quinzá-Torroja apuntou que “o coñecemento da perigosidade dos produtos químicos e dos seus posibles efectos negativos na saúde dos traballadores é fundamental para poder avaliar os seus riscos e tomar medidas encamiñadas a reducilos, pero, ademais, esa información debe transmitirse dunha maneira clara, facilmente comprensible polos destinatarios e normalizada”.

O PROGRAMA “ÚNETE Á VOLTA” IMPLICARÁ A TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA NA PROMOCIÓN DO CICLISMO

Aproveitar o impacto da Volta Ciclista a España para promover o deporte da bicicleta en toda a provincia é o obxectivo que perseguen a Deputación de Pontevedra e a empresa organizadora deste evento, Unipublic. Para logralo, porase en marcha o programa Únete á Volta, presentado esta mañá en rolda de prensa e co que se pretende implicar a todos os concellos da provincia na promoción do ciclismo. Leer Más…

LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE RADIOLOGÍA CONCEDE LA MEDALLA DE ORO AL JEFE DE SERVICIO DE RADIOLOGÍA DE POVISA

Reconoce así la brillante trayectoria profesional de Francisco Tardáguila, referenteinternacional en su especialidad.-Elacto de entrega tendrá lugar a finales de mayo en el congreso nacional SERAM2012, que se celebrará en Granada.-Viernes,13 de abril de 2012.- La SociedadEspañola de Radiología Médica- SERAM- ha concedido la Medalla de Oro al Jefedel Servicio de Radiología del Hospital Povisa, Francisco Tardáguila, enreconocimiento a su extensa y brillante carrera profesional.  Leer Más…

AXENDA // FESTIVAL SINSAL X

  CLUB SINSAL

Sábado 14 e domingo 15 de abril.

Museo MARCO

BONO SÁBADO (TODA AS ACTIVIDADES) – 20€
ENTRADAS PARA O SÁBADO (SOLO SALÓN DE ACTOS) – 15€
ENTRADAS PARA O DOMINGO – 5€

Domingo 15 de abril

 SESIÓN VERMÚ

BLUES CONTROL & LARAAJI & ARJI: 13.00 horas

*Aforo limitado