MÁIS DE 160 EMPRESAS DE TODA GALICIA COLABORAN CO ISSGA NA ELABORACIÓN DO MAPA DO RISCO QUÍMICO

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, clausurou hoxe na Coruña unha xornada técnica na que avanzou os resultados da primeira fase desta iniciativa
  • O mapa permitirá definir “dun xeito preciso” os produtos químicos máis utilizados e os sectores implicados co obxectivo de levar a cabo unha correcta avaliación dos riscos laborais derivados da presenza destes axentes nos centros de traballo
  • Do estudo que se está a facer para elaborar esta ferramenta, despréndese que os produtos máis utilizados polas empresas que tomaron parte na primeira fase son os irritantes e nocivos, seguidos dos perigosos para o medio ambiente

A Coruña, 13 de abril de 2012.- Un total de 161 empresas están a colaborar coa Consellería de Traballo e Benestar na elaboración do mapa do risco químico que estará listo a finais deste ano. A primeira fase desta iniciativa xa está rematada e na actualidade estase a traballar no estudo dos datos recompilados nunha segunda parte. Así o avanzou hoxe a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, na clausura na Coruña dunha xornada técnica sobre este mapa. Quinzá-Torroja lembrou que este documento permitirá definir “dun xeito preciso” os produtos químicos máis utilizados en Galicia e os sectores implicados co obxectivo de centrar neles as actuacións que se consideren convenientes, tanto de tipo formativo como de asesoramento, para unha correcta avaliación dos riscos derivados da presenza destes axentes. Ademais, con este mapa poranse en marcha as medidas preventivas axeitadas para reducir ou eliminar os riscos producidos por produtos químicos nos centros de traballo. Para a elaboración desta ferramenta estanse a identificar as empresas con risco químico en Galicia; os produtos químicos que se manexan nas empresas; as exposicións inadvertidas a produtos de especial perigosidade; e o número de traballadores expostos. Ademais, comunicarase ás empresas implicadas as exposicións inadvertidas e difundirase ás firmas os resultados e a base de datos que se obterá da recollida da información máis relevante dos produtos químicos máis utilizados en Galicia. Para recompilar os datos, as empresas teñen que completar un cuestionario sobre as condicións de utilización e medios técnicos de control; envaso e etiquetaxe; plans de emerxencia; ou programas de formación aos traballadores. As firmas que están a colaborar con este estudo son da industria de madeira; química, plásticos e artes gráficas; fabricación de produtos minerais non metálicos; do metal; naval e automoción; e de limpeza industrial e de edificios. Na primeira fase a maior parte das empresas que participaron foron as relacionadas coa industria química, plásticos e artes gráficas (un 32%); naval e automoción (23%); e metal (22%). Os produtos máis utilizados polas empresas que participaron na primeira fase son os irritantes (51,13%); nocivos (41,3%); perigosos para o medio ambiente (28,9%); inflamables (23,8%); e os sensibilizantes (21,2%). As empresas presentaron información sobre 5.453 produtos dos que o 56 por cento están clasificados como perigosos. Un 8% dos produtos non contiñan información sobre a súa clasificación. Precisamente, a directora do ISSGA indicou que un dos motivos que levou á Consellería a desenvolver este mapa é a falta de información nas empresas sobre a clasificación dos seus produtos.Neste senso, lembrou que  a normativa recolle a obriga do empresario de determinar a existencia e avaliar os ricos para a saúde e seguridade dos traballadores orixinados por axentes químicos. Por último, Quinzá-Torroja apuntou que “o coñecemento da perigosidade dos produtos químicos e dos seus posibles efectos negativos na saúde dos traballadores é fundamental para poder avaliar os seus riscos e tomar medidas encamiñadas a reducilos, pero, ademais, esa información debe transmitirse dunha maneira clara, facilmente comprensible polos destinatarios e normalizada”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: