NOTICIAS AYUNTAMIENTO DE VIGO – 13-04-12


Caballero cualifica de “moi boa opción” a redefinición do proxecto de estación de Urzáiz que propón Fomento

Abel Caballero asegurou esta mañá que a estación de AVE de Urzáiz manterá os elementos centrais do proxecto de Tom Mayne a pesares de que Fomento “redefina o espazo nunha ubicación menor”. Despois dunha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, reiterou a súa “vocación de cooperación absoluta e total” co Goberno de España porque Vigo terá unha estación equivalente á maior estación de Viaria de España, a de Málaga.

 


O alcalde subliña que a Vigo Convention Bureau reduce un 15% o seu orzamento sen disminuir actividades

O alcalde e presidente do Padroado da Fundación Vigo Convention Bureau informou hoxe venres de que os membros do mesmo acordaron rebaixar un 15% o orzamento deste ano, unha “austeridade” que non significará “ningunha disminución das actividades”. A Fundación adicarase á promoción de Peinador e da cidade como destino de congresos.

 


O Concello inicia a contratación do servizo de socorrismo en dez praias de Vigo

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde deu conta da aprobación do expediente de contratación do servizo de salvamento e socorrismo para dez praias de Vigo, un acordo por dous anos que sitúa á cidade olívica “en posición de pedir un número moi elevado de bandeiras azuis”. O orzamento anual ascende a 235.818 euros.

 

Urbanismo propón que o “Colexio alemán” sexa un equipamento sociocultural no barrio de Coia

Abel Caballero avanzou que Urbanismo aprobou hoxe venres a modificación do PERI da Bouza Sur que posibilita que o antigo “Colexio alemán” sexa un centro sociocultural para uso e disfrute dos veciños de Coia. O cambio elimina definitivamente a posibilidade de construir “aquelas famosas torres de edificios que alguén quixo construir noutros tempos”.

 


Manel Fernández di que o Campionato de España sub 13 e sub 17, en Balaídos, “é un recoñecemento ao traballo do Vigo Squash”


O Vigo Squash organiza dende hoxe ata o domingo, cando se xogarán as finais ás 9:00 e 11:00 horas, o Campionato de España de categoría sub 13 e sub 17. Será nas seis pistas de Balaídos e desde a Concellaría de Deportes existe todo o apoio ao evento.

 


Obradoiro “Fai un títere” no Verbum

O sábado 14 de abril, en horario de 17 a 20 horas, con entrada gratuíta e para nenos a partir de 6 anos, o museo Verbum – Casa das Palabras organiza o obradoiro “Fai un Títere” que desenvolve a compañía Tanxarina en colaboración con Normalización Lingüística.

 

Apertura prazo de solicitudes para o programa “VENTE CON NOS”

A Concellería de Cultura e Festas asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa “Vente con Nos” do presente ano.Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.
Imposto de vehículos de tracción mecánica 2012

Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 30 de marzo do 2012, sinálase o período voluntario de cobranza do:IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2012. Período de cobranza:do 2 de abril de 2012 ao 5 de xuño do 2012, ambos os dous incluídos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: