O PROGRAMA “ÚNETE Á VOLTA” IMPLICARÁ A TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA NA PROMOCIÓN DO CICLISMO

Aproveitar o impacto da Volta Ciclista a España para promover o deporte da bicicleta en toda a provincia é o obxectivo que perseguen a Deputación de Pontevedra e a empresa organizadora deste evento, Unipublic. Para logralo, porase en marcha o programa Únete á Volta, presentado esta mañá en rolda de prensa e co que se pretende implicar a todos os concellos da provincia na promoción do ciclismo.

O programa aproveita a tradición das festas da bicicleta que xa viña organizando a Deputación para achegar aos concellos un amplo programa de actividades lúdicas e deportivas relacionadas co ciclismo. Así, nos 15 concellos de maior poboación e nos que adoita haber unha maior participación nas festas da bicicleta, será a propia empresa Unipublic a que organice estes actos, mentres que nos restantes a organización correrá a cargo do ciclista profesional Marcos Serrano.

Os concellos nos que Unipublic traballará serán os de Lalín, A Estrada, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Marín, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño Ponteareas, Tui e os tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) onde se celebrará unha marcha conxunta.

Louzán incidiu na importancia destas celebracións, que van facer que o espírito da volta “chegue a practicamente toda a provincia”, algo no que coincidiu a deputada Begoña Estévez, que salientou a “oportunidade” que supón a Volta Ciclista para “fomentar o uso da bici” entre nenos e maiores.

Valoración magnífica.-Pola súa banda, o director da Volta e responsable de Unipublic, Javier Guillén, fixo fincapé en que a súa estadía nesta provincia estalle permitindo palpar “a sensación de que vai ser un auténtico éxito”. Neste sentido, indicou que “a Volta precisa deste tipo de recursos”, en referencia ao programa Únete á Volta, dado que contribúen a achegar máis o evento deportivo á cidadanía e á implicala na súa celebración. Por iso, comprometeuse a poñer “toda a infraestrutura da Volta ao servizo deste evento”. As actividades organizadas por Unipublic desenvolveranse nas fins de semana do mes de maio e segundo o calendario que se adxunta, e as restantes distribuiranse entre o 20 de abril e o 30 xuño, e do 1 de setembro ao 31 de outubro.

VOLTAS PROGRAMADAS NO MES DE MAIO
PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE MAIO
CONCELLO DIA  HORA

LALÍN 5 ( sábado mañá)10:00 h
TUI 5 (sábado tarde) 18:00 h

CAMBADOS 6 (domingo mañá) 11:00 h

SEGUNDA FIN DE SEMANA DE MAIO

CONCELLO  DIA HORA

PORRIÑO-MOS 12 ( sábado mañá)10:00 h

A ESTRADA 12 (sábado tarde) 18:00 h

VILAGARCÍA 13 (domingo mañá) 11:00 h

TERCEIRA FIN DE SEMANA DE MAIO

CONCELLO           DIA      HORA

REDONDELA 19 ( sábado mañá) 10:00 h

 MARÍN 19 (sábado tarde) 18:00 h

PONTEAREAS 20 (domingo mañá)11:00 h

CUADRO FIN DE SEMANA DE MAIO
CONCELLO                        DIA                                                HORA

BAIONA 26 ( sábado mañá) 10:00 h

 GONDOMAR

 NIGRÁN

 CANGAS 26 ( sábado tarde) 18:00 h

SANXENXO 27 ( domingo mañana) 11:00 h

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: