Archivo | abril 16, 2012

Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-04-12


Colectivos veciñais avalan a postura crítica do alcalde ante a lei autonómica de Área Metropolitana

Abel Caballero mantivo unha reunión coas asociacións de veciños de Matamá, Sárdoma, Sampaio, Beade e Lavadores para explicarlles o seu posicionamento e recabar opinións sobre a lei que ven de aprobar a Xunta de Galicia. Veciños e alcalde coinciden en rexeitar a norma, que reduce a un voto entre catorce a representación viguesa no goberno metropolitano.

 


O Concello deu luz verde a 315 novas bolsas de idiomas no programa “Vigo en inglés”

O Concello concederá 315 bolsas de idiomas dentro do programa “Vigo en inglés”, nunha convocatoria que este ano inclúe, como novidade, que as familias con rendas superiores a 50.000 euros sufraguen unha pequena parte dos 3.000 euros de media que custa unha destas axudas.

 


Caballero recibe a profesorado e alumnado europeo do programa educativo Comenius

O alcalde de Vigo recibiu este luns aos participantes do proxecto europeo Comenius, un programa educativo de dous anos de duración que se desenvolve en inglés, coa participación de 9 países e no que o IES Politécnico vigués representa a España. A cidade acolle ao alumnado e o profesorado ata o próximo sábado.

 



Márcio-André

A Fundación Laxeiro presenta o libro Ensaios Radioativos de Márcio André

Marcio-André (Río de Xaneiro, 1978) escritor e performer, ademais de artista visual e sonoro, presenta Ensaios radioativos unha performance multidisciplinar coa que da a coñecer o seu novo libro, publicado en Galicia por Axóuxere Editora, dentro da súa colección Polimnia, Cadernos de combate. A presentacion será o martes, 17 de abril ás 19.30 horas na Fundación Laxeiro de Vigo.

 


Libros electrónicos: E-Books e E-Readers

Dentro das actividades organizadas no mes de abril ao redor do mundo do libro, dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas organízase o martes,17 de abril, ás 19 horas, unha xornada encamiñada a dar a coñecer as novas formas de achegarse ao libro e a literatura da man das novas tecnoloxías, xa completamente asentadas na nosa vida cotiá.

PP de Vigo noticias.

chema-roberto – aula uned

EL PP DENUNCIA QUE VIGO SE QUEDA SIN LAPROMETIDA AULA DE LA UNED POR CULPA DE ABELCABALLERO

·       Elgrupo municipal esgrime el acta de la última reunión del patronato de laUniversidad a Distancia en la que el vicerrector, Antonio Fernández Fernández,explica que “el proyecto está frenado por la falta de interés del ayuntamientode Vigo”.

·       Elconcejal Roberto Relova exige al alcalde que “deje de jugar con lasexpectativas de las personas que quieren estudiar en la UNED”

·       Elregidor vigués conocía la negativa de la UNED a variar el convenio entre lasdos partes, como propuso el gobierno socialista, y calló hasta ahora.

·       “Elalcalde quería imponer, ni siquiera consensuar, al coordinador del aula enVigo”, explicó el vicerrector a los miembros del patronato.

·       LaUniversidad a Distancia descarta implantar el centro internacional “ni en Vigoni en ningún otro lugar de Galicia”, en palabras de Antonio Fernández.

PLAN EMPREGO DEPUTACIÓN : OS TRABALLADO​RES RECOLLERON OS CONTRATOS NO PAZO PROVINCIAL

  Esta iniciativa posibilitará que arredor de un milleiro de persoas traballen nos 62 concellos da provincia realizando labores de limpeza ambiental, de conservación e mantemento de infraestruturas, de reposición, recuperación e adecuación das praias etc Leer Más…

Reunión Area Metropolitana Vigo

A FAVEC esixe ao alcalde que respecte o seu papel como representante do movemento veciñal de Vigo

A Federación Veciñal atribúe a ‘un problema de covardía e prepotencia’ a negativa de Caballero a recibir a súa Comisión Permanente.-No día de hoxe o alcalde reuniuse con cinco asociacións veciñais da cidade para abordar a lei da área metropolitana que vén de ser aprobada polo Parlamento Galego. Desde a Federación Veciñal manifestaron respectar ‘o dereito do alcalde de manter tertulias con quen queira’ mais lémbranlle a Caballero que é a FAVEC quen representa ao conxunto das asociacións veciñais en temas de cidade. ‘Se o que quere o alcalde é coñecer a posición do movemento veciñal sobre a área metropolitana con quen se ten que reunir é coa Federación Veciñal que representa a 36 asociacións de todos os barrios e parroquias’ sinalaron, explicando que ‘é evidente que a área metropolitana é unha cuestión de cidade e non un asunto parroquial’. Así mesmo lembran que o alcalde ten pendente recibir á Comisión Permanente da FAVEC desde que o colectivo veciñal o solicitara o pasado 18 de xullo de 2011. ‘Despois de oito meses sen recibirnos é evidente que non hai motivos de axenda. Parece máis ben un problema de covardía de quen desde a prepotencia non está disposto a escoitar opinións diferentes á súa’ denuncian. Desde ‘Eduardo Chao’ lamentan que o actual goberno municipal insista na súa ofensiva contra o movemento veciñal, nesta ocasión ignorando que a FAVEC é o único interlocutor válido do conxunto das asociacións veciñais para asuntos suprabarriais. ‘Caballero non pode seguir desprezando a unha das entidades sociais máis representativas da cidade, declarada de interese municipal, polo mero feito de que non nos sometamos ás súas posicións partidistas’ concluíron.

Xoel López nuevo disco a la venta el martes 17 de abril "Atlántico"

 Uno de los       regresos más esperados de la escena musical   española tendrá lugar mañana. Xoel López              vuelve con nuevo disco: Atlántico  (Esmerarte) que sale a la venta          en España el martes 17 de abril. Será su primer trabajo con      su propio nombre: Xoel López, tras dejar atrás una exitosa              etapa en España como Deluxe, momento en el que decide      viajar a Buenos Aires, donde reside actualmente, para recorrer      el continente americano en busca de inspiración y nuevos                retos. Es por eso el más meditado        de toda su trayectoria.

El disco número        12 en su carrera fue grabado a caballo entre        las dos orillas del Atlántico: Buenos Aires y A Coruña,              entre marzo y septiembre de 2011. Producido por     el propio Xoel y su habitual Juan de Dios       (Deluxe, Amaral, Rubén Pozo…).  Mezclado por       Juan de Dios en los Estudios Casa Dios de Madrid y editado              por Esmerarte.

Estará disponible en FNAC,                El Corte Inglés y puntos de venta habituales.              Respecto a la distribución digital, Itunes              tendrá la exclusiva durante los primeros días.

Además, a las 19.00                horas del propio 17 de abril tendrá              lugar en el Bar Picnic (Calle Minas, 1,              28004, Madrid), una rueda de prensa de                presentación para los medios de comunicación en la que                Xoel tocará 3 temas en acústico.

O comité de empresa da Consellería de Traballo da provincia de Pontevedra péchase na Xunta en Vigo contra o desmantelamento dos servizos públicos

  Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotoresO comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e ao despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos. Con este encerro indefinido nas instalacións da Xunta en Vigo os representantes do comité queren tamén esixir a retirada da Lei de Medidas no Emprego Público aprobada polo Partido Popular ao entender que supón un ataque directo ás condicións de traballo de centos de persoas. Segundo manifestan, a normativa penaliza o traballador/as que enferma; equipara os domingos e festivos cos días da semana; incrementa as horas de traballo, con quendas de até 10 horas seguidas; e impide a conciliación familiar e laboral ao permitir a modificación da xornada de traballo. Así mesmo, salientan que as medidas non van supoñer aforro económico ningún e critican que a Consellería teña eliminado xa máis de 70 postos de empregos no conxunto do país, o que se está a traducir nun deterioro da calidade asistencial nos centros dependentes do departamento autonómico.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PARTICIPA NA CONFERENCI​A EUROPEA DE CLUSTER QUE SE DESENVOLVE ESTA SEMANA EN VIENA CO OBXECTIVO DE IMPULSAR A INNOVACIÓN E A COMPETITIV​IDADE EMPRESARIA​

 O Instituto Galego de Promoción Económica asistirá ao encontro arredor das políticas futuras de cluster europeos que se desenvolverá do 18 o 20 de abril

 O cumio estará centrado na procura de fórmulas e iniciativas de consenso para consolidar o labor destas organizacións en Europa

– Avaliarase a forma en que poden os cluster converterse nos piares do desenvolvemento rexional para apoiar o acceso das pemes á innovación e á internacionalización

La CEP imparte con la colaboración del Ministerio de Hacienda un taller

Vigo, 16 de abril de 2012.-

La Secretaría técnica de formación de la Administración electrónica imparte mañana, martes 17 de abril, un taller práctico dirigido a empresas sobre el uso de servicios electrónicos. Se celebrará en Vigo, en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), que colabora con el Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas en la organización de esta actividad. Está dirigida a empresarios y atónomos y emprendedores, a quienes se explicarán lasventajas de utilizar los servicios públicos electrónicos en el ámbito de la empresa. Para ello se realizarán demostraciones prácticas de algunos de esos servicios. Durante la introducción teórica se explicará cómo crear empresas; la forma de tramitar altas, bajas y otras comunicaciones a la Seguridad Social; la solicitud de ayudas y subvenciones; la declaración del IVA; las notificaciones electrónicas obligatorias, la presentación del impuesto sobre Sociedades; la forma de obtener una firma electrónica y la emisión de facturas electrónicas. Para el óptimo aprovechamiento del taller, se recomienda acudir con el DNIe y su PIN correspondiente. El taller, que es gratuito, dará comienzo a las 18:00 y se prolongará hasta las 20:30. Las plazas, que son limitadas, serán adjudicadas por orden de inscripción y se confirmará al interesado, al que se facilitará un equipo informático para poder realizar ejercicios.Las inscripciones pueden realizarse a través dehttp://www.talleresformativos.es/registro

 

Congreso das fronteiras europeas: cooperació​n intelixent​e

Como saben, nestes momentos están a discutirse as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020; discusión que se produce nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea. Leer Más…

A CIG convoca unha concentración solidaria coincidindo co xuízo a un dirixente da central que participou nas folgas do metal

  A Fiscalía solicita catro anos de prisión para Antolín Alcántara pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009

 VIGO/16-04-12

A CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo mañá martes a partir das 11.30 horas coincidindo co xuízo a un dirixente da central que participou nas folgas convocadas durante a negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009. Con esta concentración a CIG quere trasladarlle a súa solidariedade ao compañeiro acusado, ademais de denunciar o que considera unha decisión política que persegue “criminalizar o movemento obreiro e desactivar toda resposta organizada ás inxustizas do sistema”. Nese senso, enmarca a celebración do xuízo na escalada represiva que está a protagonizar o PP coa aprobación de medidas que só buscan atacar os sectores máis organizados e combativos, “como é o caso do metal”. O xuízo celébrase no Xulgado do Penal número 2 de Vigo despois de que a Fiscalía solicitase catro anos de prisión para Alcántara e outras dúas persoas, o secretario comarcal de CCOO e a anterior responsábel do gabinete de prensa da CIG na cidade. Os tres están acusados de desordes públicos (dous anos) e danos (outros dous). Este non é o único proceso xudicial que ten pendente o dirixente da CIG, xa que aínda permanece aberto outro procedemento penal contra el, neste caso pola ocupación do edificio da Xunta durante a folga do metal de 2007. Por estes feitos tamén está imputado, xunto a Antolín Alcántara, o daquela responsábel do naval do sindicato, Víctor García.