A CIG convoca unha concentración solidaria coincidindo co xuízo a un dirixente da central que participou nas folgas do metal

  A Fiscalía solicita catro anos de prisión para Antolín Alcántara pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009

 VIGO/16-04-12

A CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo mañá martes a partir das 11.30 horas coincidindo co xuízo a un dirixente da central que participou nas folgas convocadas durante a negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009. Con esta concentración a CIG quere trasladarlle a súa solidariedade ao compañeiro acusado, ademais de denunciar o que considera unha decisión política que persegue “criminalizar o movemento obreiro e desactivar toda resposta organizada ás inxustizas do sistema”. Nese senso, enmarca a celebración do xuízo na escalada represiva que está a protagonizar o PP coa aprobación de medidas que só buscan atacar os sectores máis organizados e combativos, “como é o caso do metal”. O xuízo celébrase no Xulgado do Penal número 2 de Vigo despois de que a Fiscalía solicitase catro anos de prisión para Alcántara e outras dúas persoas, o secretario comarcal de CCOO e a anterior responsábel do gabinete de prensa da CIG na cidade. Os tres están acusados de desordes públicos (dous anos) e danos (outros dous). Este non é o único proceso xudicial que ten pendente o dirixente da CIG, xa que aínda permanece aberto outro procedemento penal contra el, neste caso pola ocupación do edificio da Xunta durante a folga do metal de 2007. Por estes feitos tamén está imputado, xunto a Antolín Alcántara, o daquela responsábel do naval do sindicato, Víctor García.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: