Congreso das fronteiras europeas: cooperació​n intelixent​e

Como saben, nestes momentos están a discutirse as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020; discusión que se produce nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea.

Lamentablemente, o contexto de crise actual está a provocar que a construción da Europa social e dos cidadáns que impulsou Jacques Delors estea a ser substituída pola Europa dos rescates, os mercados e os recortes. Os territorios de fronteira xogámonos agora o noso futuro: ou impulsamos unha saída da crise que recupere o espírito da construción Europea na que traballamos os últimos vinte anos ou nos enfrontamos a unha situación cada vez máis complicada, cos nosos territorios sometidos a decisións puramente economicistas que non terán en conta as particularidades inherentes a todo territorio de fronteira.

Ante esta situación, a http://eixoatlantico.leenvia.com/inc/rdr.php?r=3522c115c335 (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interrexionais de Cidades) na que se integra o Eixo Atlántico, elaborou ao longo do último ano un documento estratéxico sobre cooperación territorial destinado ás Institucións comunitarias e Autoridades nacionais e rexionais no que defendemos as propostas que consideramos deben integrarse no próximo período de programación, en materia de cooperación territorial. Este documento ao que denominamos Documento Estratéxico sobre a Cooperación Intelixentee que pretendemos que sexa unha sorte de Libro branco da cooperación, pode descargarse en inglés na seguinte  http://eixoatlantico.leenvia.com/inc/rdr.php?r=3522c115c335 e estará dispoñible en portugués e español o próximo mes de maio.

Neste contexto, o próximo 25 de xuño na Coruña, organizamos o primeiro congreso europeo de fronteiras co título Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente, de acordo co programa http://eixoatlantico.leenvia.com/inc/rdr.php?r=3522c115c340 . Este congreso pretende reunir por primeira vez a todas as fronteiras europeas para facer ouvir a nosa voz nun momento crítico.

Non só considero que asistir a este congreso pode ser do teu interese senón que para nós será da maior importancia poder contar coas túas achegas e reflexións, especialmente nos debates que se manterán nos workshops, que se deseñaron, precisamente, para dar marxe e oportunidade a que todos os asistentes manifesten as súas posicións. Estas serán posteriormente remitidas ás Institucións europeas e dirixentes políticos. Para asistir podes acceder ao formulario de inscrición online a través esta ligazón, en «Rexistro».

Por último, agradeceríache que do mesmo xeito que están a facer os nosos socios por toda Europa, distribúas esta información a todas as persoas ou entidades que traballen no ámbito da fronteira e a cooperación, e que poidan estar interesadas en participar no mesmo, ou polo menos en coñecer o documento

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: